Deputación de Lugo

Inaugurada a 16 Edición das Xornadas Pedagóxicas
do Museo Provincial

Estas xornadas reunirán durante 3 días a mestres e traballadores dos departamentos de educación, didáctica e comunicación dos museos

Os poñentes analizarán as posibilidades de aproveitamento dos recursos didácticos dos museos dende diferentes ópticas O Museo Provincial de Lugo, dependente da Área de Cultura da Deputación de Lugo, e o Centro de Formación e Recursos de Lugo (CEFORE), organizan as XVI Xornadas Pedagóxicas do Museo Provincial de Lugo, estas xornadas terán lugar os vindeiros días 3, 4 e 5 de xuño nas dependencias do Museo de Lugo. O obxectivo destas xornadas, que nesta edición enmárcanse dentro dos actos do 75 aniversario do museo, é o de contribuír á formación do profesorado que imparte ensinanzas de nivel non universitario e á dos traballadores dos departamentos de educación, didáctica e comunicación dos museos. Estas xornadas resultan dun grande interese polo intercambio de experiencias, a reflexión conxunta sobre os procesos educativos, a incidencia na dinamización pedagóxica tanto nos centros educativos como nos museos, e a difusión no eido escolar do patrimonio material e inmaterial galego. No acto de inauguración, celebrado no Salón de Actos da Deputación, estiveron presentes, xunto co vicepresidente primeiro da Deputación, Luís Manuel Álvarez Martínez, Delegado Provincial da Consellería de Educación en Lugo, Manuel Díaz Regueiro, Director do CEFORE, Encarna Lago González, Xerente da Rede Museística Provincial, Antonio Reigosa Carreiras, Coordinador das Xornadas (Museo Provincial), Marta Arias López, Coordinadora das Xornadas ( CEFORE ). O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, manifestou na súa intervención “o interese da Área de Cultura da Deputación de Lugo por apoiar todas aquelas actividades e iniciativas que contribúan a facer do museo de Lugo un espazo vivo, útil para o intercambio de coñecemento” Bao resaltou a importancia destas xornadas para transmitir formación e información ao profesorado de cara a un mellor aproveitamento dos recursos didácticos existentes no Museo de Lugo e noutros museos da Rede Museística da Deputación. DISTINTAS VISIÓNS DOS MUSEOS Dentro dos obxectivos das xornadas están o de explorar e analizar as posibilidades didácticas dos recursos dos museos e dar a coñecer ao profesorado estratexias para o uso destes recursos. Tamén se fomentará o intercambio de experiencias entre o profesorado e os traballadores dos museos de xeito que ambas poidan achegarse a perspectiva respectiva de ámbolos dous colectivos. Para acadar estes obxectivos as xornadas contarán con poñentes que farán participes, aos asistentes, da visión do museo dende ópticas totalmente diferentes como a música, a plástica, a conservación, a integración e a didáctica. (Nota: Axúntanse programa das xornadas fotos e corte de voz) PROGRAMA DAS XORNADAS Datas: 3, 4 e 5 de xuño de 2008. Lugares: Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo e Museo Provincial de Lugo. Horas lectivas: 12 Organizan: Deputación de Lugo / Rede Museística Provincial / Museo Provincial de Lugo / Departamentos de Didáctica, Accesibilidade e capacidades diferentes, e Comunicación e TIC. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria / Centro de Formación e Recursos de Lugo (CEFORE). Coordinación: Marta Arias López e Antonio Reigosa Carreiras. Participantes: a.-Profesorado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria (convocatoria do CEFORE- Lugo) PROGRAMA Martes, 3 de xuño de 2008 Lugar: Salón de Actos da Deputación de Lugo. 17: 00. Entrega de documentación. 17: 15. Inauguración oficial. 17:30. Cero en conduta: museo, escola e sociedade. Relator: Vicente Blanco Mosquera Profesor de Educación Artística na Universidade de Santiago de Compostela 19:00. Descanso 19:30. Un músico no Museo Provincial de Lugo. Relator: Fernando Gómez Jácome Músico, director do grupo vocal Sólo Voces Mércores, 4 de xuño de 2008 Lugar: Museo Provincial de Lugo 17.00 Arte contemporánea e educación escolar. Un estimulante desafío. Relatora: Jorge Núñez Lodeiro Coordinador do Departamento de Educación e Acción Social do Museo de Arte Contemporánea UNION FENOSA (MACUF) 18.00 Non me trates como un obxecto Relatora: Xulia Santiso Conservadora do Museo Emilia Pardo Bazán 19: 00. Descanso. Lugar: Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo. 19:30. A colaboración entre o educador de museos e o educador escolar Relatora: Olaia Fontal Merillas. Profesora Titular EU do Departamento de Didáctica de Expresión plástica da Universidade de Valladolid. Xoves, 5 de xuño de 2008 Lugar: Museo Provincial de Lugo 17:00 Capacidades diferentes. Museos sen límites. Presentación do Departamento de Accesibilidade e Capacidades diferentes. (Visita ás salas adaptadas do Museo Provincial). Relatora: Encarna Lago Xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo 18.00. Presentación dos “Programas de actividades escolares dos museos da Rede Museística da Deputación de Lugo para o curso 2008-2009”. Museo Provincial de Lugo Relatores: J. Urbano Cueva Mateo / Lucía Dequidt Lagares / Raquel Guerrero Prieto / Mª Anunciación Losada Montenegro / J. Manuel Mendoza Castiñeira / Antón Rodríguez Prieto / Paula Salinas Somoza. Museo Etnográfico de San Paio de Narla Relatora: Francisca Abuín Villar. Museo Provincial do Mar Relatora: Noemi Díaz Orol 19:00. Descanso 19:30. Desenvolvemento práctico dalgunhas actividades didácticas presentadas. 20:00. Conclusións sobre as xornadas 20: 30. Formación de grupos de traballo. 21.00. Clausura.