Deputación de Lugo

A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo participou nos actos do patrón do Corpo Nacional de Policía

O acto estivo presidido polo Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero Calvo e polo Comisario Xefe da Comisaría Provincial de Lugo, Maximino Losada López

A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez participou este martes na celebración da festividade dos Santos Anxos Custodios, patrón do Corpo Nacional de Policía. O acto que estivo presidido polo Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero Calvo e polo Comisario Xefe da Comisaría Provincial de Lugo, Maximino Losada López, centrouse na condecoración coa Cruz do Mérito Policial con distintivo branco, a un facultativo do Ilustre Colexio de Médicos de Lugo e a catro funcionarios do Corpo Nacional de Policía da Comisaría Provincial de Lugo, en recoñecemento ó traballo levado a cabo como profesionais das Forzas de Seguridade. Os actos continuaron posteriormente cunha misa na igrexa das Agustinas, na praza de Santo Domingo, e cun aperitivo no Gran Hotel de Lugo.