Deputación de Lugo

O Director Xeral de Turismo da Xunta visita a Deputación de Lugo

A Área de Turismo da Deputación colaborará coa Dirección Xeral de Turismo para desenrolar proxectos turísticas e promocionar as diferentes comarcas lucenses

LUGO, 28 DE DECEMBRO. A vicepresidenta terceira, Mª Xosé Vega, recibiu na Deputación ao Director Xeral de Turismo da Xunta de Galiza. Os representantes do goberno galego e do goberno da Deputación mantiveron unha xuntanza, como primeiro contacto, para establecer liñas básicas de colaboración entre ambos organismos. Segundo manifestou a vicepresidenta terceira, Mª Xosé Vega “a Deputación apoiará as liñas de desenrolo turístico marcadas dende o goberno galego. É fundamental a suma de esforzos para acadar o desenvolvemento máximo do potencial turístico das comarcas de Lugo”. Pola súa parte o director Xeral de Turismo sinalou a importancia de impulsar a colaboración entre diferentes institucións e traballar de xeito coordinado para que aquelas comarcas lucenses que posúen un destacado potencial turístico poidan aproveitalo co apoio das institucións. Tanto a vicepresidenta como o director xeral de turismo indicaron que comenza unha nova etapa de colaboración despois dun longo período de falta de comunicación entre xunta e deputación. Esta nova andaina de colaboración institucional será clave para o desenrolo de plans e programas turísticos que sirvan para a posta en valor dos recursos das comarcas lucenses.