Deputación de Lugo

O Vicepresidente da Deputación clausurou, xunto co Delegado de Medio Rural e o Director Xeral de Industria, a feira forestal Foresgal2008

Foresgal acada, na súa segunda edición, os 16.000 visitantes

O vicepresidente da Deputación, Antón Bao, participou hoxe na clausura da Feira Forestal FORESGAL, que se celebrou os dís 28, 29 e 30 no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo. No acto de clausura participaron tamén o Delegado da Consellería do Medio Rural, Emilio López Pérez e o Director Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Anxo Calvo. Dende a organización de Forestal estimouse unha afluencia de público cifrada en 15.973 visitantes. Destaca, como na pasada edición, a presencia constante de especialistas do sector forestal (profesionais, estudantes, empresas de servizos complementarias ou protagonistas no sector). Durante a celebración da feira foi de destacar a celebración do I Congreso Forestal, protagonizado polos mellores especialistas galegos e algúns dos mellores do panorama nacional e internacional. Tamén destacou a calidade das empresas, institucións e asociacións expositoras en Foresgal. Os preto de 98 expositores cubriron completamente o abano de áreas protagonistas de Foresgal (maquinaria, viveiros, madeira, xestión forestal e medioambiental, certificación, I+D+i, etnografía e xogos tradicionais, etc.).