Deputación de Lugo

A Vicepresidenta Segunda participa na recepción no Concello de Lugo ós representantes da Asociación de Inmigrantes e retornados Rioplatenses

Están os cónsules do Uruguai, Arxentina e os Alcaldes de Viveiro, Ribadeo e Mondoñedo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa do Concello a representantes da Asociación de Inmigrantes e retornados Rioplatenses encabezados polo seu presidente Jorge Roberto Rodríguez Fernández. No acto estiveron presentes a Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, o Subdelegado do Goberno, Jesús Otero, a Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, outros membros da Corporación, o Consul de Uruguai, Gonzalo Könche Pizorno e a Consul de Arxentina, Georgina Bortolotto, A Asociación Rioplatense naceu en Lugo hai un ano e conta na actualidade con preto de 80 socios de distintas partes do mundo e tamén galegos que viven en Lugo. O obxectivo deste colectivo é favorecer o intercambio cultural e o enriquecemento de culturas facilitando un lugar de reunión no que compartir recordos e vivencias e incluso dar asesoramento. No acto de presentación de hoxe houbo ademais unha actuación dun grupo de tango arxentino chamado Tres baldosas que actuou na Praza Maior diante de numerosos veciños e posteriormente ofreceuse unha degustación de produtos típicos da Arxentina e Uruguai. A Asociación de Inmigrantes e retornado Rioplatenses reúnese os sábados no Centro Social Uxío Novoneyra (2º andar sala C) de 16:30 a 20:30 e o seu teléfono de contacto é o 982216478.