Deputación de Lugo

Un Alcalde e tres concelleiros serán os novos membros do Consello Reitor do INLUDES designados polo PSOE

Imaxe deputación de lugo
A elección dos novos conselleiros procura unha representación territorial equilibrada

Un Alcalde e tres concelleiros serán os novos membros de libre designación nomeados polo PSOE no Consello Reitor do Instituto Lucense de Desenvolvemento (INLUDES), dependente da Deputación. Trátase do Alcalde de Folgoso do Courel, José López Fontal, e os concelleiros Horacio Rouco Ferro, de Palas de Rei; Manuel Dacosta Rivera, de Pantón, e Miguel Ángel López Varela, de Outeiro de Rei. O PSOE procurou unha representación territorial equilibrada, onde estea presente toda a provincia. Tendo en conta que a Vicepresidenta Segunda da Deputación e responsable do INLUDES e da área de Promoción Económica, Lara Méndez, é da Mariña, en concreto, concelleira de Cervo, os socialistas lucenses decidiron que tamén estea representadas a zona oeste, con Horacio Rouco Ferro; a zona sur, con Manuel Dacosta, o centro e a Terra Chá, con Miguel Ángel López Varela, a Montaña co que é rexedor de Folgoso desde 1999, José López Fontal. Obxectivos para este mandato O INLUDES é un Organismo Autónomo Local dependente da Deputación que se creou en 1985 con personalidade xurídica propia. O seu principal obxectivo é a promocion e o desenvolvemento económico e social da provincia de Lugo, e centra a súa actividade nas seguintes áreas: Promoción da Artesanía, Desenvolvemento Agropecuario; Desenvolvemento Rural, Apoio ás Pemes, Formación Ocupacional, Igualdade de Oportunidades, Promoción de Emprego, Promoción Turística, Apoio á Investigación e Desenvolvemento Sostible. O novo equipo de goberno pretende potenciar este organismo coa finalidade de que desempeñe un papel destacado no desenvolvemento da provincia e no apoio á investigación. Proxectos moi importantes, como o será para o campo galego o futuro centro de recría de novillas da granxa Gayoso Castro, inclúense dentro do novo INLUDES. Outra das tarefas plantexadas para este mandato é a de dar a coñcer o labor que está a realizar o instituto, que é un gran descoñecido para a poboación en xeral.