Deputación de Lugo

Lugo e China irmandan as súas murallas

Imaxe deputación de lugo
Lugo e China irmandan as súas murallas

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Alcalde de Quinhuangdao, asinan este domingo un acordo de irmandamento entre a Muralla romana de Lugo e a Gran Muralla China.Trátase dun acordo polo que o pobo de Quinhuangdao e o de Lugo se comprometen a establecer relacións diplomáticas e colaborar na promoción de ámbalas dúas cidades. Quinhuangdao está na provincia de Hebei e ten na actualidade máis de 6 millóns de habitantes. Ademais, é a cidade na que ten a súa orixe a Gran Muralla chinesa e nela terán lugar os partidos de fútbol das Olimpiadas de Beijing que comezan o vindeiro 8 de agosto. Na sinatura deste acordo, que terá lugar o domingo ás 17:30 hora chinesa, participará a delegación lucense da que forman parte a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, a Vicepresidenta Segunda da Deputación provincial, Lara Méndez, e o Vicerreitor do Campus de Lugo, Carlos Herrero. Tamén estarán numerosas autoridades chinesas, e os representantes de Cántigas e Frores desprazados a China coa delegación institucional e empresarial, interpretarán musica galega. Acordo de irmandamento entre a cidade de Quinhuangdao, provincia de Hebei, República Popular de China e a cidade de Lugo, provincia de Lugo, Reino de España Dacordo co comunicado de establecemento de relacións diplomáticas entre a República Popular de China e o Reino de España, para mellorar o entendemento e amizade entre os dous pobos, para promocionar os intercambios económicos e de comercio e de cooperación entre as nosas cidades, para beneficiar as nosas dúas comunidades a través de acordos en base á igualdade, a cidade de Quinhuangdao e a cidade de Lugo están dacordo en establecer un irmandamento segundo o acordo que segue: 1) Nos principios de igualdade e beneficio mutuo as partes acordan realizar intercambios regulares e cooperación en varias formas nos campos da economía e comercio, ciencia, educación e cultura e sanidade, deportes e intercambio de visitas, para promocionar común prosperidade e desenvolvemento. 2) Os líderes das dúas cidades involucradas manterán contacto estreito para tratar as cuestións relacionadas cos intercambios, a cooperación e o común acordo. 3) A cidade de Quinhuangdao ofrecerá asistencia e bos servizos para visitas oficiais da cidade de Lugo e viceversa. 4) Este acordo asinarase na cidade de Quinhuangdao o 22 de xuño de 2008 e entrará en vigor o día da data da sinatura. Asinan: A cidade de Quinhuangdao, provincia de Hebei, República Popular China Alcalde A cidade de Lugo, provincia de Lugo, Reino de España Alcalde