Deputación de Lugo

A Deputación aborda no III Encontro de Cooperación cos Concellos a contratación temporal nas entidades locais

Díaz Valiño presentou a nova edición da xornada que instaurou a institución provincial en 2009, converténdose na 1º Deputación en Galicia que organiza un foro permanente destas características, que terá lugar o 13 de novembro no Salón de Actos do Pazo de San MarcosO 70% dos contratos laborais nas entidades locais lucenses son temporais. O seu emprego inadecuado supón ó ano 100 demandas xudiciais e un gasto de 500.000 euros ós ConcellosA xornada, na que prestixiosos expertos abordarán solucións, está dirixida a traballadores das administracións locais, representantes sindicais, avogados laboristas, graduados sociais e estudantes da materia de Dereito Laboral II na Escola Universitaria de Relacións LaboraisA solicitude, aberta ata o 7 de decembro, pódese facerse on line, entrando en www.deputacionlugo.org, por correo electrónico en cooperacion@deputacionlugo.org, ou remitindo un fax ó número 982-240-409. O aforo é limitado

O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Juan José Díaz Valiño, avanzou hoxe que o organismo provincial celebrará o 13 de decembro, o III Encontro de Cooperación cos Concellos. É a xornada anual que a institución luguesa instaurou en 2009, converténdose na primeira Deputación en Galicia en organizar un foro de carácter permanente, aberto a todos os actores das administracións locais da provincia e baseado na búsqueda de solucións para a consecución de entidades locais máis eficaces, optimizando recursos e aforrando custes.

Díaz Valiño salientou o éxito que acada esta pioneira convocatoria en Lugo coa participación dunhas 170 persoas que, ano tras ano, enchen o Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o seu lugar de celebración, debido ós “novidosos e necesarios” temas que se abordan para o bo funcionamento das administracións locais. Deste xeito, na primeira edición, o tema central foi o servizo integral de asesoramento xurídico, económico-financieiro e técnico que a Deputación presta, de xeito totalmente gratuíto, ós municipios, evitándolles gastos ó non ter que recorrer a empresas externas. Na segunda convocatoria, tratouse a lei de protección de datos e a implantación da administración electrónica, cuestións de actualidade e extraordinaria importancia xa que o seu manexo incorrecto implica sancións millonarias. O Deputado adiantou que, este ano, o debate xirará ó respecto da contratación temporal nas entidades locais logo de que os servizos de Cooperación e Recursos Humanos da institución detectasen que o emprego abusivo deste sistema está a conlevar serios problemas:

1.- Un problema persoal debido a situación de falta de estabilidade que sofren o 70% dos traballadores das administracións locais da provincia ó ter este tipo de contrato.

2.- Un problema xurídico ou legal pola inadecuación dos contratos para determinados servizos nas administracións locais lucenses. Na provincia contabilízanse ó ano ó redor de 100 demandas a este respecto no Xulgado do Social.

3.- Un problema económico como consecuencia de ditas contratacións irregulares que obrigan ós Concellos a pagar ó redor de 500.000 euros ó ano.

Solucións de prestixiosos expertos

Esta situación, explicou Valiño, “non é un capricho. Non é que dende os Concellos se queiran facer contratos irregulares senón que se debe á falta de información e de persoal especializado na materia nas entidades locais. A Dirección Provincial de Inspección de Traballo asegura que o Departamento de Recursos Humanos é un exemplo a seguir. Temos unha área potente. Por iso, queremos prestar toda a nosa experiencia para mellorar esta situación nos municipios. Ademais, expertos na materia van ofrecer formación e exemplos prácticos”. É o caso do Maxistrado do Xulgado do Social Nº1 de Lugo, Fernando Fernández Olmedo; o Xefe da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo, Nicolás González Raposo; o avogado Jesús Amarelo Fernández; o Xefe do Servizo de Recursos Humanos da Deputación, Manuel García Mel; ou o Letrado do Servizo de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Valentín Lago González.

Un foro aberto

A xornada está dirixida a todos os responsables e traballadores das administracións locais (Alcaldes, Concelleiros, persoal dos departamentos de Recursos Humanos dos municipios e empregados públicos en xeral), ademais de, e como novidade este ano debido ó asunto a tratar, a representantes sindicais, avogados laboristas, graduados sociais que presten asesoramento ós Concellos a este respecto, así como a estudantes da materia de Dereito do Traballo II na Escola Universitaria de Relacións Laborais.

Aberto o prazo de inscrición

Todos os interesados poden facer a súa inscrición ata o vindeiro mércores, 7 de decembro. Para elo, deberán entrar na páxina web da institución provincial, www.deputacionlugo.org, onde, na portada, atoparán un enlace directo ó III Encontro de Cooperación cos Concellos. Dende este espazo, poderán facer a súa solicitude on line, ou ben descargar o formular de inscrición que terán que enviar por correo electrónico a cooperacion@deputacionlugo.org, ou por fax ó 982-240-409. O aforo é limitado debido a capacidade do Salón de Actos da Deputación. Para calquera dúbida, habilítanse os seguintes número de teléfono: 982-26-01-05/982-26-01-06/982-26-01-13.