Deputación de Lugo

O Vicepresidente Primeiro da Deputación presentou o Curso de Actualización sobre a Romanización de Galiza

Este curso centrarase en analizar a evolución do castro á cidade, e a romanización na Gallaecia e na Hispania Indoeuropea

Presentouse, na Deputación de Lugo, o CURSO DE ACTUALIZACIÓN SOBRE A ROMANIZACIÓN DE GALIZA. DO CASTRO Á CIDADE: A ROMANIZACIÓN NA GALLAECIA E NA HISPANIA INDOEUROPEA. O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, presentou este curso xunto co director do mesmo, o profesor Manuel Villanueva, a responsable de coordenación académica, a profesora Dolores Dopico, o Vicerreitor do Campus de Lugo, Carlos Herrero, e a concelleira de Cultura, Concepción Burgo. O curso celebrarase entre os días 21 e 23 de xullo e irá dirixido a Profesores de Ensino Secundario e Bacharelato das materias Xeografía e Historia, Arte, Latín, Grego e Cultura Clásica, estudantes e licenciados en Humanidades, Filoloxía Clásica, Xeografía, Historia e Arte. Este curso, de 30 horas lectivas, celebrarase na facultade de humanidades, no museo de Lugo e no museo do Castro de Viladonga. A idea principal deste curso é a de proxectar ao coñecemento da sociedade aspectos da investigación que deben trascender os límites estrictos do ámbito académico e deben constituir unha oferta cultural que contribúa á posta en valor dunha idea de historia viva. A finalidade última do curso será, en definitiva, a comprensión do fenómeno romanizador na vertente que atinxe á reordenación do espacio: a aparición da cidade como elemento da organización do territorio, as orixinais formas de simbiose entre a tradición indíxena e a influencia romana, que na antiga Gallaecia, dá por resultado unha cultura galaico-romana. O vicepresidente primeiro da Deputación sinalou na presentación do curso a importancia de facer dos museos espazos de encontro que sirvan para a transmisión do coñecemento. Segundo Antón Bao “os museos non só deben de ser contedores de arte senón que deben de ser espazos vivos nos que se transmitan e intercambien coñecementos entre aqueles que se adican a profundar no estudo de aspectos concretos dos que foron habitantes de Galiza noutros tempos e as persoas que teñen como misión transmitir, a través da docencia, a nosa historia aos máis novos”. PROGRAMA DO CURSO: LUNS, 21 DE XULLO 1.- A ROMANIZACIÓN COMO CONCEPTO E A SUA MANIFESTACIÓN NAS SOCIEDADES DO NORTE HISPANO. MAÑÁN DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, SALÓN DE ACTOS 9:30 h.-admisión, entrega de documentación 10:00 h.- Teoría da romanización: novas visións e tendencias. G. PEREIRA MENAUT: Catedrático de Historia Antiga. Departamento Historia 1. Facultade de Xeografía e Historia. Universidade de Santiago 11:00 h.-A formación e a romanización dos oppida vacceos. LIBORIO HERNÁNDEZ GUERRA. Profesor Titular de Historia Antiga. Universidade de Valladolid. 12:15 h. -A política imperial e a romanización: o papel de Augusto na transformación dos pobos indíxenas do Norte e Noroeste hispano Mª DOLORES DOPICO CAÍNZOS., Doutora en Historia Antiga, Profesora Asociada de Historia Antiga. Campus de Lugo 13:15 Inauguración oficial do Curso. TARDE: MUSEO PROVINCIAL DE LUGO 17:00 h -As organizacións indígenas no Norte Peninsular e a Romanización. JUAN SANTOS YANGUAS. Catedrático de Historia Antiga. Universidade do País Vasco. 18:15 h - Do castro á civitas: civitas: a evolución do modelo organizativo na Gallaecia. Mª P. RODRÍGUEZ ÁLVAREZ. Prof.ª Titular de Historia Antiga. Departamento Historia 1. Facultade de Xeografía e Historia. Universidade de Santiago. MARTES, 22 DE XULLO II.- URBANISMO INDÍXENA E URBANISMO ROMANO: OS CASTROS E OUTRAS FORMAS DE HABITAT NA HISPANIA INDOEUROPEA ANTE A ROMANIZACIÓN MAÑÁN: MUSEO DO CASTRO DE VILADONGA 10:00 h. -: o castro da Piringalla e a sua relación con Lucus Augusti. R. BARTOLOMÉ ABRAIRA 11:30 -Taller práctico: Visita guiada ao Castro de Viladonga. Actividade arqueolóxica: Urbanismo Castrexo e Urbanismo romano a traves do exemplo do Castro de Viladonga. Dirixido por Dna ELENA VARELA ARIAS, directora do Museo do Castro de Viladonga. TARDE: MUSEO PROVINCIAL DE LUGO 16:30 h. -A influencia da romanización no habitat e a paisaxe castrexa: o ejemplo dos grandes castros FRANCISCO M. SANDE LEMOS. Universidade do Minho. Braga. 18:30 h. - O influxo de Lugo sobre o seu entorno. O exemplo de Viladonga. F. ARIAS VILAS: Director Xeral de Patrimonio. Consellería de Cultura. III.- A URBANIZACIÓN EN GALLAECIA. MERCORES, 23 DE XULLO FACULTADE DE HUMANIDADES: SALÓN DE ACTOS 10:00 h-Lugo romano. Balance dos nosos coñecementos RUBEN D. ALVAREZ ASOREY. Arqueólogo municipal. Concello de Lugo. -12:00 h. -BRACARA AUGUSTA. Panorama e estado da cuestión sobre o seu urbanismo. MANUELA MARTINS. Catedrática de Historia Antiga na Universidade do Minho (Braga, Portugal) e directora do proxecto de Investigación Bracara Augusta. 16:30 h.-ASTORGA ROMANA. Cidade e centro administrativo. Dna. Mª ANGELES SEVILLANO. Museo Romano de Astorga. León 18:30 h.- León: cidade e campamento, o seu impacto sobre o entorno na encrucillada do Imperio. MANUEL ABILIO RABANAL ALONSO: Catedrático de Historia Antiga. Universidade de León.