Deputación de Lugo

Gómez Besteiro explica a “Declaración Lugo” ás Asociacións Veciñais de Galicia e Asturias

O Presidente da institución provincial inaugurou as Xornadas de Movemento Veciñal Galaico-Asturiano que se desenvolven no Pazo de San Marcos

A Xunta de Galicia recoñece como “colección visitable” o arquivo e o obradoiro musical do CENTRAD O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este sábado as Xornadas de Movemento Veciñal Galaico- Asturiano que se desenvolverán ata mañá no Pazo de San Marcos. Gómez Besteiro reivindicou o papel das Deputacións diante das Asociacións Veciñais de Galicia e Asturias. Deste xeito, o responsable provincial lembrou que unha das actuacións que marcarán o futuro da Institución é a “Declaración Lugo”, documento asinado polos Presidentes das institucións provinciais de España na reunión que celebrou a Comisión da FEMP no Pazo de San Marcos o pasado mes de novembro. “A Declaración asinouse na primeira reunión que celebrou a Comisión de Deputacións da Federación Española de Municipios e Provincias fóra da súa sede en Madrid; un documento que recolle o espíritu das Deputacións como administracións ó servizo do municipalismo”. O máximo mandatario provincial aproveitou a ocasión para entregarlles ós representantes dos veciños de Galicia e de Asturias unha copia do acordo “que demostra que a Deputación é unha institución útil e próxima e que converte á provincia de Lugo en protagonista”. No acto de inauguración tamén participaron o Subdelegado do Goberno en Lugo, Jesús Otero, o Concelleiro da Protección da Comunidade do Concello de Lugo, José Rábade, o Delegado Provincial da Consellería de Presidencia, Luis Edrosa, a Presidenta de COGAVE Galicia, Elena González, o Presidente da Federación de Asociacións de Veciñais de Lugo, Jesús Vázquez, e o representante de CAVASTUR (Confederación de Asociacións de Veciños de Asturias), Vicente Gutiérrez Solís. “Colección visitable” O responsable provincial amosou a súa satisfacción pola decisión da Xunta de Galicia, que vén de recoñer como “colección visitable” o arquivo e o obradoiro musical do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación, que conforman unha colección única formada por un catálogo de instrumentos musicais que abarcan desde a Idade Media ata a actualidade. A exposición de instrumentos musicais contén máis de 400 pezas e, ademais, é a única de Galicia catalogada e a única de Europa no apartado de réplica de instrumentos medievais.