A Deputación ten dous meses de prazo para estudar e presentar alegacións ó Plan Director de Estradas
de Galicia
O voceiro do grupo socialista acusa ó PP de querer confundir á opinión pública e de traballar sen rigor A Deputación ten un prazo de dous meses para estudar o Plan Director de Estradas de Galicia proposto pola Consellería de Ordernación do Territorio, Obras Públicas e Transportes no que atinxe á rede de estradas provinciais. Segundo sinalou este venres o voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato, o 16 de setembro entrou no rexistro da Deputación este documento, acompañado dunha comunicación da COTOPT na que se dá un prazo de 60 días para que o organismo provincial presente as alegacións que estime oportuno. Ganto Soengas afirmou que nestes dous meses a Deputación discutirá cos técnicos da Consellería os contidos do Plan naquelas cuestións que afectan ás estradas provincias, e por tanto, ós intereses da provincia de Lugo e dos lucenses. Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, o voceiro socialista subliñou que ó Plan Director de Estradas de Galicia é competencia da Consellería, que é a administración que ten que elaborarlo. A Deputación de Lugo, e todas as institucións galegas que se sintan concernidas, teñen un prazo de dous meses para presentar alegacións. Gato Soengas acusou ó viceportavoz do grupo popular, José María González Barcia, de falla de rigor ó afirmar que a Deputación non presentara propostas para a transferencia de vías provinciais á administración autonómica. Non se pode dicir que a Deputación non fixo propostas, porque isto é competencia da Xunta. A partir de aí imos analizar o documento, e podemos asegurar que os intereses dos lugeses van quedar ben atendidos. Para o voceiro socialista, as declaracións do representante popular confunden á opinión pública e non responden á realidade. Acordos Xunta de Goberno A Xunta de Goberno aprobou 21contas xustificativas de Plans de Cooperación con Comunidades Veciñais (1 de 2005; 8 de 2006; e 12 de 2007. O presuposto total das obras é de 331.133 euros, dos que a Deputación achegou 130.938. As obras corresponden ós Concellos de Alfoz, Baralla, Castro de Rei, O Corgo, Chantada, A Fonsagrada, Guitiriz, Lugo, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Outeiro de Rei, A Pontenova, Pobra do Brollón, Sarria, Trabada, Triacastela e O Valadouro. Tamén se aprobou a cancelación de garantías definitivas constituídas para responder a contratos en obras de Cervantes, Guitiriz, Becerreá, Pedrafita do Cebreiro, Baralla e As Nogais, así como os plans de seguridade e saúde para os proxectos de construción dun muro de sostemento na estrada da Misericordia a Silvarrosa, en Viveiro, e de reparación do vial de acceso ó polígono industrial de Morelle. Por otra banda, a Deputación persoarase no recurso contencioso-administrativo presentado contra a resolución da Xunta de Goberno de marzo de 2007 na que se desestimaba a reclamación patrimonial presentada a consecuencia do atropelo dun corzo o 6 de outubro de 2006 na estrada provincial Insua-Rebordao, no Concello de Vilalaba. O propietario do vehículo sinestrado reclama á insititución provincial 711 euros polos danos provocados no coche.