Deputación de Lugo

Lara Méndez participa en Vigo nunha xornada polo emprego da poboación xitana

A Vicepresidenta Segunda presentou os Itinerarios Personalizados de Inserción promovidos polo INLUDES

A Vicepresidenta Segunda da Deputación e Delegada da Área de Promoción Económica e Emprego, Lara Méndez, participou este martes nun encontro sobre emprego e comunidade xitana centrado no acceso deste colectivo ó mercado laboral, que organizou a Consellería de Traballo e a Fundación Secretariado Xitano o 22 e 23 de setembro no Club Financieiro de Vigo. Lara Méndez expuso na súa intervención os Itinerarios Personalizados de Inserción Laboral que promove o Instituto Lucense de Desenvolvemento Económcio e Social, dependente da Deputación. Estes itinerarios concíbense como un proceso vivo e dinámico que o traballador vai construíndo xunto ó orientador, tendo sempre en conta as necesidades do mercado de traballo. “Non se trata de aplicar deseños prefixados, senón de estratexias profesionais que poden revestir diversas modalidades. O obxectivo final é mellorar a empleabilidade da persoa desempregada”, apuntou Lara Méndez. A Vicepresidenta Segunda afirmou que “desde o INLUDES cremos que é preciso realizar un importante esforzo dirixido a desenvolver estratexias preventivas e reorientadas cara á capacidde de inserción profesional, baseándose na detección das potencialidades individuais de cada persoa traballadora”. “Estas estratexias de prevención e activación deben contemplar non só o emprego por conta allea, senón tamén o fomento do espíritu emprendedor como unha fonte na creación de emprego. Para iso faise necesario sensibilizar e favorecer actuacións tendentes á creación de empresas entre as persoas desempregadas, presentando o autoemprego como unha opción para a incorporación ó mercado de traballo, prestando un tratamento preferente cara ós colectivos con especiais dificultades.” Fases do Itinerario de Inserción A responsable provincial dixo na súa exposición que “o INLUDES pretende ofrecer ás persoas desempregadas un Itnerario Personalizado de Inserción que articule o acceso destas persoas a un conxunto de medidas dirixidas á súa inserción laboral. O Itinerario de Inserción convérsese, deste xeito, nun instrumento que ofrece maior calidade de servizo ás persoas demandates de emprego permitindo un enfoque integral dos recursos ó seu servizo e, progresivamente, debe estenderse como fórmula de integración das políticas activas de emprego”. Este Itinerario ten varias fases: 1.- Recepción e recollida, onde se traballan as áreas da motivación e a información. 2.- Recollida de información e análise. Trabállase a planificación e a motivación. 3.-Definición do Itinerario de Inserción. Trabállase a planificación do itinerario e a motivación para levalo a cabo. 4.- Desenvolvemento. Trabállase na execución e desenvolvemento de habilidades e técnicas de emprego. 5.- Finalización do itinerario. Planifícase o peche, se é posible. “As claves do éxito son o coñecemento dos recursos existentes en cada momento e lugar; a cooperación con outras administracións, entidades, organizacións etc.; análise exhaustiva da situación de cada persoa e a actualización periódica dos recursos”, dixo Lara Méndez. Participantes nas xornadas Ademáis da Vicepresidenta Segunda da Deputación, tamén participaron nestas xornadas representantes da Comisión Europea, a Consellería de Traballo, o Concello de Vigo e diferentes empresas que colabran coa Fundación Secretariado Xitano. Durante este encontro, analizáronse as políticas activas de emprego encamiñadas a conseguir a incorporación plena no mercado de traballo da poboación xitana de Galicia; expuxéronse as experiencias en marcha a nivel internacional e autonómico polas direfentes administracións e o programa Acceder. Tamén se presentou a campaña de sensibilización “O emprego fainos iguais” impulsada pola Fundación Secretariado Xitano e o Fondo Social Europeo.