Deputación de Lugo

A Deputación destina máis de medio millón de euros ó acondicionamento da estrada que une O Páramo e A Póboa de San Xiao en Láncara

Gato afirma que coa nova filosofía da Área de Infraestruturas acometarase o arranxo desta vía nun só proxecto “mentres que co anterior goberno tardaría 5 anos”

A Xunta de Goberno acepta a resolución do Xurado de Expropiacións de obras correspondenste ós POS 2005 e 2006 A Deputación de Lugo destina 529.999 euros ó acondicionamento da estrada que une as localidade do Páramo e San Xiao, en Láncara. Este proxecto, incluído no POS 2008, afecta a un treito de 5,8 quilómetros. A Xunta de Goberno celebrada este venres aprobou o expedente de contratación, o terceiro do POS 2008 O voceiro do grupo socialista, Antonio Gato Soengas, dixo que este é un novo exemplo da nova filosofía da Área de Infraestruturas xa que “o proxecto inclúe o acondionamento de toda a vía que une estas dúas localidades, e non se vai quilómetro a quilómetro, como sucedía co anterior equipo de goberno, co que a vía tardaría 5 anos en estar toda acondicionada”. O goberno provincial tamén aceptou as resolucións dos xurados de expropiacións correspondentes a 4 proxectos: tres do POS 2005 e un do POS 2006. Trátase de obras de ancheamento e mellora nun treito de 800 metros na estrada de Chantada a Antas de Ulla; outro de 1,1 quilómetros da vía de Torno a Gorgozo, no Concello do Saviñao; e un terceiro de 1,05 quilómetros na de Palas de Rei a Antes de Ulla. O cuarto proxecto é de acondicionamento de 1,7 quilómetros da estrada de Torre de Castronela, en Fiol. Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou incluír unha adenda ós convenios que asinou a Deputación cos Concellos das Nogais, Baralla, Navia de Suarna e Triacastela sobre o programa que promove a Rede Rural de Desenvolvemento Ancares dentro do programa europeo Leader +. O engadido, solicitado tanto polos catro Concellos como pola Rede Ancares, establece que a cantidade que aporta o organismo provincial, un total de 179.036 euros, se aboe directamente á Rede de Desenvolvemento, e que non se reparta entre os Concellos, como estaba inicialmente previsto. Gato Soengas dixo que “este cambio realizouse para facilitar unha maior operatividade á hora de certificar as obras”.