Deputación de Lugo

Continúa o terceiro curso de cestería de médula de roten e vimbio

Carmen Fieiras imparte o obradoiro que se desenvolve no Centro de Cestería do río Rato

O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación de Lugo, ofrece desde onte o terceiro curso de cestería de médula de roten e vimbio, que se enmarca dentro da programación de verán de cestería do CENTRAD. Desde este mes ata finais de agosto as artesás Carmen Fieiras e Idoia Cuesta e o artesán Carlos Fontales impartirán os 4 obradoiros nos que se tratará esta modalidade. Neste senso, ata o 8 de agosto, os asistentes descubrirán unha técnica na que se emprega a médula de roten, madeira tropical, de orixe asiática, cuia versatilidade permite que sexa máis manexable que outros materiais como o vimbio. No curso participan alumnos de todas as idades, de xeito que o único requisito que se lles pide é que superen os 8 anos. O obradoiro dispón de 40 horas de formación e desenvólvese no Centro de Cestería do río Rato de 16:30 a 20:30 horas. Os participantes elaboran distintos tipos de cestos de médula sobre madeira e base tecida, e de vimbio sobre base redonda e ovalada. O seguinte curso no que se perfeccionará esta modalidade dará comezo o 18 de agosto. Neste caso, será impartido pola artesá Idoia Cuesta. Nestes obradoiros o custe da matrícula é de 40 euros.