Deputación de Lugo

O RESPONSABLE DA ÁREA DE DEPORTES DA DEPUTACIÓN PRESENTOU A
X EDICIÓN DA COPA DEPUTACIÓN DE TIRO AO PRATO

O Clube de Campo e Tiro de Bonxe acollerá esta proba, que é unha das punteiras no estado español na modalidade de foso olímpico, o vindeiro domingo a partir das 11:00

O responsable da Área de Deportes da Deputación, Antonio Veiga, presentou a X edición da Copa Deputación de Tiro ao Prato. Esta competición celebrarase este domingo, día 27, no Clube de Campo e Tiro de Bonxe no Concello de Outeiro de Rei. Na presentación estiveron presentes, ademáis de Antonio Veiga o Presidente do Clube de Campo e Tiro de Bonxe, Cayetano Burrieza, o Delegado da Federación Lucense de Tiro ,Julio Rivas, e José Fernández, como directivo do Clube Campo e Tiro de Bonxe. Segundo os organizadores esta é unha das probas máis importantes, nesta categoría, de todo o estado español e nela participan gran cantidade de tiradores procedentes de distintos puntos de Galiza, Asturías, Eukadi, Castela – León e outras zonas do noroeste peninsular. A proba terá catro series de 25 platos na modalidade de foso olimpico e os premios distribuiranse en función da categoría dos tiradores. Os tiradores distribúense en catro categorías. Os premios de cada categoría repartiranse de xeito proporcional ao número de pratos rotos polos participantes. En caso de empate, a igual número de pratos rotos, os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías realizarán unha tirada extra nunha serie de 25 platos para dilucidar a clasificación. Segundo o Delegado da Federación Lucense de Tiro, Julio Rivas , a Copa Deputación de Tiro ao Prato é unha das probas máis importantes das que se disputan en Galiza xa que non está pechada unicamente a tiradores galegos, como ocurre no caso das probas de regularidade, e a ela achéganse gran cantidade de tiradores procedentes de distintos puntos do estado español. Julio Rivas agradeceu a implicación e o apoio da Área de Deportes da Deputación de Lugo a esta proba que chega á súa décima edición.