Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación participa na celebración relixiosa pola inauguración do Seminario de Lugo

Imaxe deputación de lugo

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, xunto co Alcalde de Lugo, José López Orozco, participaron este venres na celebración relixiosa que ofreceu o Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, con motivo da restauración do Seminario de Lugo. O emblemático edificio, con máis dun siglo de antigüidade, leva anos coas portas pechas debido ás obras de reforma que se levaron a cabo. O proxecto executado supuxo a intervención completa sobre esta infraestrutura. Deste xeito, ampliouse o centro docente con oito unidades de ESO e catro de BAC en réxime de internado, contruíuse un aulario de estudos eclesiásticos, unha residencia universitaria, así como un aparcadoiro público. No acto de inauguración participaron autoridades relixiosas como o Arzobispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio Barrio; o Arzobispo de Oviedo, Jesús Sanz Montes; o Bispo electo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza; o Bispo de Mondoñedo-Ferrol, Manuel Sánchez Monge; e o Bispo de Astorga, Camilo Lorenzo Iglesias. Da mesma forma, tamén asistiu o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe, e a Delegada Territorial da Xunta na provincia, Raquel Arias Rodríguez.