Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación preside o acto de graduación da cuarta promoción da Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC

O produtor audiovisual José María Besteiro é o padriño desta promoción

O Presidente da Deputación e do Padroado da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro presidiu o acto de graduación dos alumnos da promoción 2006/08 da Escola de Imaxe e Son de Lugo, a cuarta desde que comezou a funcionar este centro educativo, e que foi apadriñada polo produtor audiovisual José María Besteiro. O acto, no que tamén participou o Alcalde en funcions do Concello de Lugo, Francisco Fernández Liñares, tivo lugar nos exteriores da Escola, ubicada na rúa Frei Plácido Rey Lemos. Ó mesmo asistiron unhas 150 persoas, entre alumnos, profesores, pais e nais de alumnos e representantes de diversas institucións e empresas do eido audiovisual. Na súa intervención, o máximo responsable da Deputación e do Padroado da Fundación TIC referiuse ó futuro profesional dos alumnos e ó programa de bolsa de formación en empresas da Fundación, que está deseñado para facilitar a transición desde a escola á vida laboral. Gómez Besteiro tamén agraeceu a presenza do padriño desta promoción, José María Besteiro, responsable de produtos como Sin tetas no hay Paraíso, Libro de Familia, Nada es para siempre ou Mareas Vivas, que acudiu ó acto procedente de Miami, onde na actualidade está a traballar con moito éxito. O acto rematou cunha proxección de cine en Super-8. Intervención do Presidente da Depación e Prsidente do Padroado da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro Gracias a Begoña e Fabio!! Autoridades, alumnos e alumnas, pais e nais “das futuras estrelas do audiovisual”, Boas tardes!! Hoxe rematades a vosa formación os alumnos e alumnas dunha nova promoción, a 4ª desde que iniciou o seu funcionamento a Escola de Imaxe e Son de Lugo. Nos próximos meses veremos como, igual que nas promocións anteriores, comezades con éxito a desenvolver a vosa actividade en empresas do sector audiovisual de Lugo e de Galicia. O programa de bolsas de formación en empresas desta fundación está deseñado para facilitar a transición desde escola á vida laboral; durante estes últimos anos permitiu a inserción dun bo número de titulados en empresas da nosa provincia, de Galicia e mesmo doutras comunidades. Hoxe resulta sinxelo e gratificante atopar na nosa actividade diaria e en distintas empresas de comunicación a técnicos formados na nosa escola e na nosa provincia. É un orgullo! Os que agora rematades teredes unhas expectativas laborais, que lonxe dun optimismo desmedido, serán mellores que as de anos anteriores. Explico por qué: • O presidente da Xunta acaba de presentar un Plan de Apoio e Potenciación da Produción Cinematográfica, para o período 2008/2010, dotado con 13,1 millóns de euros, que se calcula pode xerar un volumen de negocio de máis de 50 millóns de euros e a creación de 1.880 empregos. • En breve asistiremos ó inicio da actividade das dúas novas licencias de televisión dixital autonómicas e dun importante número de licenzas de televisións dixitais locais. A chegada da TDT suporá unha excelente oportunidade para a consolidación dun sector considerado estratéxico para o desenvolvemento. • Na nosa provincia tivo lugar hai escasos meses o primeiro apagón analógico, A Fonsagrada foi protagonista dunha iniciativa, promovida pola Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, que nos sitúa diante dun novo escenario: a dixitalización e os novos retos que plantexará. Precisaranse técnicos coa mellor cualificación profesional, formados no manexo das novas tecnoloxías dixitais, e precisaranse novos contidos nos que a interactividade fará converxer todos os produtos audiovisuais. Nos próximos anos os retos da formación nun sector en profunda renovación serán: manter un contacto permanente coas empresas, unha constante actualización dos contidos formativos e unha actualización das ferramentas e recursos técnicos. A Fundación TIC é sensible a esta nova realidade. En breve poderemos completar a dotación de material e equipamiento técnico do Centro de Produción de Programas, posiblemente a través das axudas estatais, que permitirán a dixitalización e a posta en valor de recursos audiovisuais que deben facilitar a promoción e difusión de contidos referidos á nosa provincia. Serán anos para afrontar novos retos e neste contexto a obriga de todo recén titulado é manter unha actitude emprendedora, aportando e sumando novas iniciativas. O padriño da promoción, o lucense José Mª Besteiro, - Mr TDT como acaba de definilo a revista especializada Teleinforme - é, sen lugar a dúbidas, un modelo a seguir. Agradézoche José María que viñeras desde Miami, onde estás a traballar con moito éxito, para estar hoxe con nós!!! Hoxe, a prensa recolle unha información que reflicte o noso convencemento de que ó talento debemos facilitarlle os medios e o apoio para desenvolvelo. Miguel Marciel e Alberto López, alumnos da promoción que rematou o pasado curso, e Hugo Fernández, profesor da escola, foron seleccionados no prestixioso certame PhotoEspaña na sección de videocreación. Felicitacións. Eles, igual que os que este curso rematades a vosa formación, tamén “senten o tic”.