Deputación de Lugo

O Presidente da Deputación convoca ó Padroado da Fundación TOR

Antonio Gato subliñou que “se trata de saber como está a Fundación para atender o devir da entidade e para exercer o liderezgo e a dirección política, técnica e económica da mesma que lle corresponda á Deputación”

A Área de Cooperación cos Concellos ultima o Plan de Pequenas Infraestruturas de 2009 para municipios de menos de 5.000 habitantes dotado con 1.021.397 euros O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, convocou para mañá martes unha reunión do Padroado da Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola de Galicia no Pazo de San Marcos. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, explicou que na orde do día de dita xuntanza contémplase a elaboración dunha auditoría económica para coñecer o estado financieiro da entidade. “En realidade, trátase dunha auditoría que nos mostre como está esa Fundación que supostamente se mantén con recursos públicos. A actual situación fai necesario atender o devir da entidade para exercer o liderazgo e a dirección política, técnica e económica da mesma que lle corresponda á Deputación”. Na reunión tamén se dará conta dos vogais cesantes e entrantes do Padroado. Concellos de menos de 5.000 habitantes A Área de Cooperación cos Concellos rematou a planificación para a concesión das subvencións de 2009 incluída no Plan de Pequenas Infraestruturas para Concellos de menos de 5.000 habitantes. Antonio Gato sinalou que nos vindeiros días a Comisión de Valoración -que está formada polo Presidente, o Secretario e os representantes dos tres partidos políticos- dará o visto e parace á proposta para que esta sexa aprobada pola Xunta de Goberno. O Plan conta cun orzamento de 1.021.397 euros, dos que a Deputación achega o 70% (654.222 euros) e os municipios o 30% restante (367.175 euros). “Este é un Plan de auténtica cooperación con todos os Concellos da provincia sen excluír a ningún. Ademais, está rexido por unhas bases nas que participan todos a diferenza do anterior goberno que facía desfilar polos despachos a aqueles municipios que interesaba darlles unha subvención, mentres que o resto quedabamos sen ela”. O voceiro provincial socialista subliñou que “son obras que melloran a calidade de vida dos cidadáns porque a maior parte refírense a obras de saneamento, pavimentación de accesos a núcleos rurais, abastecemento de auga, alumeado público e obras de restauración de distintos locais das parroquias”. Un total de 40 Concellos acolleranse a esta iniciativa, agás os que están afectados polo canon hidroeléctrico: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Castroverde, Cervantes, Cervo, O Corgo, Folgoso do Courel, Friol, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pol, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Xermade e Xove. Acordos Xunta de Goberno A Xunta de Goberno aprobou este venres o convenio de colaboración entre o Concello de Láncara e a Deputación para a urbanización e construción de zonas comúns no cemiterio municipal da Pobra de San Xiao por importe de 120.000 €. Asimesmo, deuse o visto e prace a unha conta xustificativa do Plan de Comunidades Veciñais de 2007 pertencente ó municipio de Taboada. O presuposto da obra é de 6.000 euros, dos que a Deputación aporta 4.500 euros.