Deputación de Lugo

Antón Bao presentou o programa de Actividades Escolares do Museo para o curso 2008/2009

Antón Bao presentou o programa de Actividades Escolares do Museo para o curso 2008/2009

O vicepresidente primeiro da Deputación, Antón Bao, presentou hoxe o Programa de actividades escolares para o curso 2008/2009. Este amplo programa de actividades escolares levaranse a cabo no Museo provincial desde o mes de outubro do ano 2008 ate o mes de xuño do 2009. A Área de Cultura ofertou esta actividade a case tres milleiros de centros educativos de toda Galiza, Asturias e León. O obxectivo principal desta programación é achegar o patrimonio dos museos á poboación escolar, sempre dunha maneira lúdica e atractiva, sen desatender os contidos educativos. As actividades van dirixidas ao alumnado de educación infantil e primaria e os contidos que se explicarán nestas actividades serán axeitadas para a idade e para o nivel académico de cada un dos nenos e nenas que participen na actividade. Cada trimestre programaranse un mínimo de tres actividades específicas que se complementarán con actividades permanentes. Como novidade para este curso as actividades permanentes ampliáronse a cinco, dúas máis que as tres programadas para os anos anteriores. As actividades específicas que se levaranse a cabo trimestralmente tendo a seguinte distribución; no último trimestre do ano poderemos desfrutar de catro obradoiros diferentes: A ruta franciscana, A viaxe pola Prehistoria, O misterio no Museo e A casa e outras construcións de Lucus Augusti. No primeiro trimestre do ano 2009 os obradoiros que se levaran a cabo no Museo Provincial levan por título Safari no Museo, A arte do vestido e Iniciación ao gravado, acompañados no segundo trimestre do ano dos obradoiros Algo máis que ver un cadro, un cadro…, Viaxe polo Lugo romano e A aventura da cerámica. A maiores destas actividades específicas ao longo de todo o ano desenvólvense actividades permanentes para grupos escolares tanto de educación infantil, como primaria que recollen unha serie de actividades que van desde o coñecemento do museo por dentro, pasando polas rutas literarias polo museo, visitas de iniciación ao museo, visitas á sección de prehistoria e arqueoloxía ou visitas guiadas ás coleccións de época romana.