Deputación de Lugo

Gómez Besteiro defende a Deputación como unha institución útil para ós autónomos e pequenos empresarios da provincia

O Presidente da Deputación e a Vicepresidenta Segunda reuníronse coa nova directiva da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo

O INLUDES e a USC colaborarán para a posta en marcha dun programa de dinamizadores das TICs en empresas e asociacións empresariais de Lugo O responsable provincial anunciou que nos primeiros meses de 2009 se convocará ás mesas sectoriais para debater o borrador de diagnose do Plan Estratéxico O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, mantiveron este xoves un almorzo de traballo coa nova directiva da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, encabezada pola súa presidenta, Beatriz Varela. Ó remate da xuntanza, Gómez Besteiro amosou a súa satisfacción persoal e institucional polo feito de que elexisen a Deputación para manter o primeiro encontro coas administracións. “É un xesto que valoramos porque desde esta asociación enténdese que a Deputación é unha institución útil para os empresarios, sobre todo, para os autónomos”. O titular da institución destacou o papel destes pequenos empresarios, “que representan a maior porcentaxe do tecido empresarial. Coincidimos coas nova directiva da asociación en que é responsabilidade das administracións, pero tamén dos colectivos, contaxiar entisuasmo e ser positivos neste momento de crise”. Pola súa banda, Beatriz Varela considerou “moi positiva a reunión, na que foron moi ben acollidas as nosas propostas”. A nova presidenta da asociación destacou as cualidades das mulleres como empresarias “que as convirten nunhas excelentes xestoras, como son o espíritu de sacrificio, a destreza para sobrelevar os altibaixos ou unha intuición máis aguda que os homes”. Convenio para a implantación das TICs Na xuntanza coa directiva da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Gómez Besteiro anunciou a próxima sinatura dun convenio de colaboración coa USC para a posta en marcha dun programa de dinamizadores das TICs entre empresas e asociacións empresariais da provincia de Lugo. “A implantación das novas tecnoloxías é fundamental para que as nosas empresas sexan competitivas, sobre todo neste momento especialmente complicado”, apuntou Gómez Besteiro. A través deste convenio implanaranse ferramentas de xestión do coñecemento de Software Libre, para o desenvolvemento de proxectos sobre plantaformas web de código aberto. “É dicir, implantar programas informáticos destinados á mellora da xestión e xerencia destas entidades; poden ser de contabilidade, de subministro, de mellora de rendemento de máquinas etc, que se adapten ás necesidades concretas de cada empresa”. A selección das empresas corresponderá á Deputación. A USC será a encargada da formación dos dinamizadores para a instalación, configuración e uso destas ferramentas. Estes poderán ser traballadores da propia empresa ou estudantes do último curso da Facultade de Administración e Dirección de Empresas de Lugo que sexan asignados a estas empresas. A implantación levarase a cabo con ordenadores da propia entidade ou en servidores do Aula TIC-PEMEs da USC. Iniciativas exitosas O responsable provincial tamén subliñou “o éxito de convocatoria do plan de axudas ás microcempresas e autónomos da provincia que ten por obxectivo impulsar o sector produtivo da provincia, e ó que o INLUDES destina 625.000 euros para subvencións”. Estas axudas son de tres tipos: acceso á sociedade da información e da comunicación; consolidación e mellora do tecido empresarial; e para os gasto de actividade”. Outro dos proxectos promovidos polo organismo que está a dar moi bos resultados é o Programa de Sucesión na Empresa Familiar, “unha iniciativa pioneira en España que foi creada e sufragada na súa totalidade pola Deputación”. Gómez Besteiro avanzou que na vindeira semana entregaranse os dipolomas ós participantes na primeira fase do plan, que se centrou na Mariña. Plan Estratéxico provincial No encontro coas empresarias, o Presidente referiuse ó Plan Estratéxico provincial e anunciou que “o equipo redactor de Caixa Galicia xa elaborou o borrador de diagnose e nos primeiros meses de 2009 convocarase ás mesas sectoriais e de expertos para debatr este borrador co obxectivo de que fagan as súas suxentsións. Queremos que nestas mesas estean as empresarias luguesas, porque considero que as súas aportacións serán importantes á hora de elaborar esa folla de ruta pola que se guiará a nosa provincia nos vindeiros anos”. O titular provincial tamén avogou por que “os principais axentes sociais se impliquen co Fondo Estatal de Investimento Local” e subliñou que “a Deputación involucrarase para que ningún Concello da provincia perda nin un só euro deste financiamento. Poñeremos a pleno rendemento a maquinaria provincial de asistencia e cooperación xurídica na presentación e xestión de solicitudes”.