Deputación de Lugo

O Concello de Lugo e a Armada renden a tradicional homenaxe á Virxe da Esperanza

Hai 57 anos que Lugo recibe á Armada de Ferrol en Semana Santa

A Corporación Municipal lucense, presidida polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, participaron no tradicional desfile precesional da Irmandade da Nosa Señora da Virxe da Esperanza, da cal a Armada é Irmán Maior Honorario dende o ano da súa constitución. Arredor dun cento de membros da Unidade participaron en Lugo na celebración deste luns de Semana Santa. Unha escadra de Gastadores, Banda de música, Bandeira e Abanderado do Tercio do Norte así como dúas seccións do Tercio Norte e unha do Arsenal, estiveron coordenados polo Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol, Santiago Bolívar Piñeiro e fixeron o tradicional desfile diante as autoridades militares e civís presentes na Praza Maior lucense. Ás 12:10 da mañá estaban xa as Forzas en formación diante a Casa do Concello e ás 12:20 incorporouse a Bandeira á compañía de Honra e as autoridades municipais. Dez minutos máis tarde o Almirante Xefe do Arsenal pasou revista á Forza, acompañado do Comandante do Tercio do Norte de Infantería de Marina, o Coronel de Infantería de Marina, Juan Ángel López Díaz. Posteriormente tivo lugar a retirada da Bandeira e o desfile. Finalizado este, a Banda de Música da Armada permaneceu na Praza Maior interpretando tres marchas militares, que as autoridades escoitaron dende o balcón da Casa Consistorial. Ao remate do concerto levouse a cabo o tradicional intercambio de agasallos institucionais. O Alcalde de Lugo, en nome do Concello fixo entrega ao Almirante Xefe dunha figura tradicional galega de Regal. Este é o primeiro ano que Santiago Bolívar asiste á procesión da Virxe da Esperanza como Almirante Xefe do Arsenal. Ao remate do acto foi recibido no Despacho de Alcaldía e asinou no libro de honra do Concello. Libro de honra: “Es un honor para mí como Almirante del arsenal de Ferrol y representante de la Armada, estar en Lugo en los actos militares y religiosos que se celebran con motivo de la Semana Santa con la Cofradía de la Esperanza. La Armada estuvo y está orgullosa del apoyo y la amistad de Lugo y sus gentes y hoy lo renueva y confirma como solemos, estando al son de la milicia y religiosidad. Gracias Alcalde. Gracias Lugo” Os actos oficiais deste Luns Santo continuarán pola tarde coa tradicional procesión da Virxe da Esperanza que dará comezo ás 19:30 diante a Casa Consistorial e na que cada ano participan miles de persoas. O percorrido, que comeza ás 20.30, este ano é o seguinte: Anxo Fernández Gómez, Praza de Campo Castelo, Ronda da Muralla, Bispo Aguirre, fondo da Praza Maior, Conde de Pallares, Praza de Santo Domingo, Rúa da Raíña, Praza maior e Anxo Fernández Gómez. Finalizada a procesión a Armada interpretará a tradicional Salve. Martes Santo O Martes Santo continuarán os actos da Semana Santa lucense coa recepción ao Exército de Terra ás 19.00 horas e a procesión do Bo Xesús que está previsto que saia da Catedral ás 20.30 horas.