Deputación de Lugo

A Deputación pon ó servizo dos Concellos unha nova motoniveladora para o arranxo das vías municipais

Gómez Besteiro destacou que “a adquisición desta máquina forma parte das iniciativas que van sumando a favor dos municipios”

Os Concellos da provincia beneficiaranse da nova motoniveladora que vén de adquirir a Deputación. O parque móbil provincial está a prestar os seus vehículos ós municipios para que estes leven a cabo o mantemento, arranxo e limpeza das súas vías municipais. Nestes momentos, hai varios equipos traballando nos Concellos da Fonsagrada, Friol, Viveiro e Palas de Rei. Gómez Besteiro destacou que “se trata dunha adquisición necesaria porque se o anterior equipo de goberno nos deixase un parque móbil de bandera e con maquinaria moderna, esta motoniveladora non sería necesaria. Esta actuación forma parte das iniciativas da Deputación que van sumando a favor dos Concellos” O máximo mandatario provincial subliñou que o parque móbil, ademais de prestar os seus servizos ós centros dependentes da institución provincial -INLUDES, Granxa Gayoso Castro, Sociedade Urbanística, Fundación TIC, Vías e Obras, etc- está a cooperar cos Concellos da provincia a través do parque móbil. “Os Concellos son os que se beneficiarán desta máquina, grazas á que poderán levar a cabo os arranxos das súas vía municipais e prestar así un mellor servizo ós seus cidadáns”. Trátase dunha Carterpillar de 155 cabalos. Pesa 20 toneladas e ten un custe de 237.000 euros. Este tipo de máquinas son as máis empregadas para a realización de traballos de nivelación, refino, apertura e limpeza de cunetas, corte de taludes, mantemento de pistas, limpeza de escombreiras e bordes de terrapléns.