Deputación de Lugo

ANUNCIO DE CONVOCATORIA DAS BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DA PROVINCIA DA ÁREA DE CULTURA E DEPORTE DA DEPUTACIÓN DE LUGO

Imaxe deputación de lugo

A Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo, é o órgano da Administración provincial que ten atribuídas as competencias en materia de Deporte. Para impulsar a práctica deportiva, a Vicepresidencia Primeira da Deputación, a través da Área de Deportes e Cultura, convoca bolsas para a promoción e difusión do deporte, sendo conscente das dificultades que teñen moitos deportistas - especialmente nas etapas de iniciación e de continuidade – para progresar na súa formación integral. Do mesmo xeito, estas axudas van dirixidas tamén aos deportistas en activo adicados a investigación deportiva. É polo qué, será necesario establecer as bases reguladoras da concesión destas bolsas, de conformidad co disposto na Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e na Lei 9/2007 de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia. Por todo isto, EXPOÑO PRIMEIRO.- OBXECTO E FINALIDADE. Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria do Programa de bolsas para deportistas da provincia, que se inclúen como Anexos e nos que se detallan os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes. As bolsas - reguladas nas presentes bases e convocatoria concederanse en réxime de concurrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia-, terán como obxecto o de apoiar a práctica e o rendimento deportivo, tanto en relación ao perfecionamento técnico e a obtención de maior rendimento nas respectivas modalidades deportivas, como posibilitar a súa participación en eventos deportivos, facilitándolles aos deportistas da provincia o acceso a unha preparación integral axeitada. Establécense tres grupos de beneficiarios, segundo a idade dos aspirantes ás bolsas: • Grupo A.- De 14 a 16 anos (cumpridos antes do 31 de decembro do 2008). Para esta categoría ou grupo destinaranse 15.000 euros do Orzamento total da convocatoria. • Grupo B.- De 17 a 18 anos (cumpridos antes do 31 de decembro do 2008). Para esta categoría ou grupo destinaranse 20.000 euros • Grupo C.- Maiores de 18 anos. Para esta categoría ou grupo destinaranse 15.000 euros Naquelas especialidades deportivas nas que o máximo rendemento se pode producir en idades temprás (ximnasia artística, natación……) poderase pasar un becario dun grupo a outro, segundo o criterio do tribunal cualificador. Asemade poderase trasvasar orzamento dun grupo a outro, se non houbese demanda suficiente en algún dos grupos ou categorías. • As bolsas terán un importe máximo de 2.000 euros cada unha delas. Exclúense da presente convocatoria os cursos dirixidos á obtención de títulos académicos ou deportivos. SEGUNDO.- DURACIÓN E CONTÍA. As bolsas terán unha duración de doce (12) meses, a contar desde o 1 de xaneiro ata o remate do ano 2008. A dotación orzamentaria total da presente convocatoria é de 50.000 euros con cargo aos Orzamentos Xerais da Deputación de Lugo para o ano 2008, habilitándose o crédito axeitado e suficiente na partida orzamentaria 4522.481 , e repartíndose do seguinte xeito: • Dotación para Grupo A: 15.000 euros • Dotación para Grupo B: 20.000 euros. • Dotación para Grupo C: 15.000 euros. O importe das bolsas non excederá, en ningún caso, a cantidade de 2.000 euros (2.000 €) para cada unha das bolsas convocadas. Nembargantes, a Comisión de Valoración Técnica poderá proponer transferir o importe da dotación económica dos grupos en función do número de solicitudes. Estas becas non serán compatibles con outras axudas públicas da Deputación de Lugo para a mesma finalidade. TERCEIRO.- SOLICITANTES, REQUISITOS XERAIS. Poderán participar nesta convocatoria os/as deportistas da provincia que reúnan os seguintes requisitos: 3.1.- Ter residencia en calquera dos municipios da provincia no momento da convocatoria. 3.2.- Dispoñer de licenza deportiva vixente no momento da convocatoria expedida pola Federación GalegaDeportiva correspondente, e pertencer a un club galego nos últimos 2 anos. 3.3.- Acreditar nivel deportivo na modalidade practicada e ter proxección nas previsións de futuro. 3.4.- As demais establecidas no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións, e aplicables no presente caso. CUARTO.- DOCUMENTACIÓN. As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que pode obterse na Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo. 4.1.- Fotocopia do D.N.I. 4.2.- Certificado de empadronamento en calquera municipio da provincia. 4.3.- Declaración xurada das subvencións ou axudas solicitadas ou percibidas polo solicitante por parte doutras entidades públicas ou privadas (nacionais ou estranxeiras) para o financiamento da actividade para a que se solicita a subvención. 4.4.- Declaración responsable de non estar incurso en prohibición para obter a condición de beneficiario da subvención conforme ao disposto no artigo 13 da Lei Xeral de Subvencións. 4.5.- Certificación de estar ó corrente das obrigas coa Axencia tributaria estatal, e certificación de estar ao corrente das obrigas coa seguridade social. 4.6.- A unidade administrativa recabará de oficio da Tesouraría Provincial a información de atoparse ao corrente nas obrigas tributarias, e así mesmo, comprobará, previa autorización do interesado, a circunstancia de atoparse ao corrente das súas obrigas tributarias fronte ó Estado e a CCAA de Galicia. Non obstante os solicitantes poderán denegar expresamente o consentimento, debendo presentar estas certificacións nos termos previstos regulamentariamente. 4.7.- No caso de haber sido beneficiario de subvencións anteriores, declaración responsable de acreditar o cumprimento das obrigacións inherentes ás mesmas. 4.8.- Certificado dos datos bancarios. 4.9.- Fotocopia da licenza federativa en vigor, que deberá estar vixente desde o 1 de xaneiro de 2008 ata a data de publicación desta orde. 4.10.- Historial deportivo obtido durante o ano 2007. Excepcionalmente poderase valorar outros logros de anos anteriores (2005 – 2006), para o caso de competicións que se convoquen cunha periodicidade de dous ou máis anos. Farase constar as participacións e os resultados máis importantes obtidos en competicións provinciais, autonómicas, nacionais ou internacionais, con especificación de datas, lugar e nivel de competición no certificado federativo. Este historial haberá de vir dilixenciado co visto e prace da Federación deportiva correspondente en documento orixinal. 4.11.- As competicións non organizadas polas federacións deportivas deberán ser recoñecidas expresamente pola Federación Galega ou Nacional correspondente, a través de certificación orixinal. 4.12.- Proxecto deportivo para a temporada 2008 – 2009. 4.13.- Se é o caso, certificación que acredite a inclusión no programa preolímpico da Federación Española correspondente ou Consello Superior de Deportes. 4.14.- Serán causas de exclusión a demostración da falsidade documental, a non correspondencia os orixinais e a incorrección na documentación presentada. QUINTA.- PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES E PRAZO 5.1.- As solicitudes, xunto coa documentación adicional requerida, presentaranse conforme o modelo oficial que figura no Anexo I, debendo ser dirixidas ao Presidente da Deputación de Lugo, presentándoas no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo ou ben a través dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común, no prazo de UN MES, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Asemade se inserirán no taboleiro de anuncios da Deputación Provincial. 5.2.- O modelo de solicitude estará a dispor dos interesados na Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo. 5.3.- As solicitudes poderán presentarse cubertas á máquina ou á man, pero neste caso deberá facerse con letras maiúsculas e con caracteres lexibles. 5.4.- Entregarase unha solicitude por cada bolsa. SEXTA.- PROCEDEMENTO Recibida a solicitude no Rexistro Xeral da Excma. Deputación Provincial de Lugo, remitiránselle á Área de Cultura e Deporte, dependente da Vicepresidencia 1ª. que procederá en función do obxecto e finalidade da bolsa solicitada. Os servizos técnicos da Área de Cultura e Deporte revisarán as solicitudes e maila documentación presentada. 6.1.- No caso de estar incompleta, conter erros ou non achegar toda a documentación requerida, poderán reclamar aos solicitantes que enmenden os defectos apreciados, de conformidade ao artigo 71 da Lei 30/92 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, outorgándose un prazo de dez días hábiles, dende a notificación do requirimento, con indicación de que se transcorridos estes días sen a devandita subsanación procederase ao arquivo do mesmo. 6.2.- A avaliación das solicitudes realizarase por unha Comisión de Valoración Técnica constituída para o efecto, e que terá a seguinte composición: • Presidente/a: O Asesor Técnico da Área de Cultura e Deporte. • Vocais: 2 técnicos/as da Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo nomeados polo Vicepresidente Primeiro. • Secretario: O Secretario Xeral da Deputación ou persoa en quen delegue. O Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo proporá a concesión das bolsas ao órgano competente, quen resolverá. Posteriormente, a resolución será debidamente notificada ás persoas solicitantes. 6.3.- O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de seis meses, contados a partires do día seguinte o da publicación no Boletín Oficial da Provincia. Transcorrido dito prazo sen que se adopte resolución expresa, poderase entender desestimada. 6.4.- Non se poderá conceder máis dunha bolsa por solicitante. SETIMA.- RESOLUCIÓN, PUBLICIDADE E RECURSOS A resolución que poña fin ao procedemento deberá expresar a relación de solicitantes aos que se lle concedan as bolsas convocadas, podendo designar ademais os adxudicatarios suplentes, en orde de prioridade. A resolución da adxudicación pon fin á vía administrativo, de acordo co artigo 109 da Lei 30/92 de 26 de novembro, e contra esta cabe interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde a notificación ante o mesmo órgano ou ben alternativamente, recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses contados, así mesmo, perante o xulgado contencioso administrativo de Lugo. • Poderase declarar deserta a convocatoria se considera que ningún dos candidatos/as resulta idóneo/a. A resolución do procedemento farase pública, para efectos de notificación aos interesados, asi como calquera outras notificacións ou requirimentos , a través do taboleiro de anuncios da Excma Deputación Provincial de Lugo, o B.O.P e maila Páxina Web da Deputación de Lugo, dando cumprimento asi ao disposto no artigo 59.6 b) e 60 da Lei 30/92 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/99. Asemade, e de conformidade co artigo 18 da Lei Xeral de Subvencións, publicarase a relación das subvencións concedidas nos termos do artigo referido. Transcorrido o período de desfrute da bolsa, as persoas non seleccionadas poderán solicitar a devolución da documentación achegada. Transcorrido o prazo dun ano, procederase, en todo caso, á eliminación da documentación non recollida. NOVENO.- ACEPTACIÓN DAS BOLSAS No prazo de dez (10) días naturais seguintes ao da publicación da resolución, os beneficiarios das bolsas deberán comunicar, por escrito, á Área de Cultura e Deporte da Deputación de Lugo a súa aceptación. Se transcorrido ese prazo non se fixese manifestación expresa en ningún sentido, entenderase como renuncia á bolsa, procedéndose automaticamente á adxudicación da axuda ao seguinte aspirante en puntuación. DÉCIMO.- CONCESIÓN DAS BOLSAS. A Comisión de Valoración Técnica formularalle a proposta de selección dos bolseiros ao órgano competente, quen resolverá sobre a concesión das mesmas, sendo debidamente notificadas ás persoas solicitantes. 10.1.- Criterios de valoración: a.- Historial deportivo. Asignaráselle ao deportista a puntuación correspondente ao resultado do maior nivel que obtivera no ano 2007 obtida en campionato oficial, ou campionato recoñecido pola federación deportiva correspondente. Excepcionalmente valoraranse os resultados deportivos conseguidos en anos anteriores (2005 – 2006) cando se dé a circunstancia de que ditas competicións se convoquen cunha perioricidade de dous ou máis anos (períodos olímpicos,…), conforme ao baremo seguinte: GRUPO 1: Ata 30 puntos. Estará integrado polos deportistas que cumpren algún dos requisitos seguintes: - Clasificación nos Xogos Olímpicos ou Campionatos do Mundo Absolutos, ata o rango 10. - Clasificación en Campionatos de Europa Absolutos, ata o rango 8. - Figurar na clasificación mundial oficial. GRUPO 2: Ata 20 puntos. Estará integrado polos deportistas que cumpren algún dos requisitos seguintes: - Clasificación nos Xogos Olímpicos ou Campionatos do Mundo Absolutos, ata o rango 18. - Clasificación en Campionatos de Europa Absolutos, ata o rango 15. GRUPO 3: Ata 15 puntos. Estará integrado polos deportistas que cumpren algún dos requisitos seguintes: - Clasificados entre os 6 primeiros no Campionato de España individual. - Medallista nos Campionatos de España individual. - Medallista nos Campionatos de España na categoría inferior a sénior na modalidade deportiva individual ou combate e que foran internacionales na súa categoría de idade ou superiores. GRUPO 4: Ata 10 puntos. Estará integrado polos deportistas que cumpren algún dos requisitos seguintes: - Medallista nos Campionatos do Mundo, Europa, categoría inferior a sénior na modalidade deportiva individual ou de combate. GRUPO 5: Ata 5 puntos. Estará integrado polos deportistas que cumpren algún dos requisitos seguintes: - Medallista en Campionatos autonómicos, Campionatos universitarios e outros a valorar polo tribunal avaliador. b.- Proxecto deportivo. O interese do proxecto presentado, a proxección de futuro do deportista e a súa progresión: 10 puntos. c.- Outros méritos. O tribunal avaliador poderá valorar outros méritos, segundo a documentación presentada polo solicitante. Ata 10. Entre estos méritos atópanse: 1.- A pertenza do deportista a un club da provincia de Lugo, con alomenos unha antigüedade dende xaneiro o 1 de xaneiro do 2007, ou a especial dificultade ou dureza na consecución dalgunha das probas deportivas. 2.- Valorarase como mérito, o expediente académico de cada un dos aspirantes, tendo en conta o seu rendemento óptimo nos estudos que lle correspondan por idade. 3.- Valorarase como mérito, o empadronamento en núcleos ou en entidades de poboación dispersas e pouco poboadas. 4.- Valorarase como mérito, o estar integrado nun grupo de investigación para o desenvolvemento do deporte. Neste caso débese achegar unha memoria do proxecto ou proxectos de investigación nos que estén a traballar ou traballasen. Por exemplo: “recibir apoio ou asesoramento dun equipo médico”. 10.2.- A Comisión de Valoración Técnica poderá nomealos suplentes que considere oportuno, establecendo unha orde de prioridade. Estes suplentes accederán ás bolsas unicamente no caso de existir algunha renuncia ou incumprimento das bases por parte dos titulares. 10.3.- A resolución da convocatoria darase a coñecer no taboleiro de anuncios da Deputación, e na páxina web oficial da mesma. DÉCIMO PRIMEIRA.- PAGAMENTO. As becas aboaranse en dous prazos, do seguinte xeito: • O 40% á adxudicación da bolsa. • O 60% restante, unha vez transcorridos tres meses desde a concesión e tras a presentación previa da memoria das actividades e resultados obtidos no ano 2007, xunto coa certificación da Federación deportiva correspondente acreditativa destes extremos. • Aos adxudicatarios poderáselle requerir a documentación necesaria para proceder ao pagamento da devandita bolsa. Asemade, estarán obrigados a facilitar toda a información que lles sexa requerida polos órganos competentes de conformidade coa lexislación aplicable, no exercicio das funcións de fiscalización e control do destino das axudas. DÉCIMO SEGUNDA.- OBRIGAS DOS BOLSEIROS. • Para xustificar o cumprimento da finalidade para a que se concedeu a bolsa e a aplicación dos fondos percibidos, os beneficiarios ou beneficiarias presentarán, dentro do mes seguinte ao remate da bolsa, unha memoria descritiva sobre o proxecto deportivo que están realizando. • Os beneficiarios ou beneficiarias están obrigados a facilitar a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Deputación de Lugo, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control de destino das bolsas. • No momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do último pagamento, o peticionario ou peticionaria deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou de calquera dos seus organismos, entes ou sociedades. 11.a.- Cumprir todas as normas establecidas nos apartados anteriores. 11.b.- Participar nas probas ou encontros deportivos correspondentes á súa modalidade e categoría deportiva durante a tempada 2008. 11.c.- Publicitala súa condición de bolseiro /a da Deputación de Lugo nas competicións e actividades deportivas nas que participe. DÉCIMO TERCEIRA.- RENUNCIA, REVOGACIÓN E REINTEGRO DE CANTIDADES • A renuncia á bolsa por parte do beneficiario, unha vez iniciado o goce desta, deberá ser comunicada mediante o correspondente escrito ao Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo, polo menos con sete días de antelación á data na que se solicite sexa aceptada a súa renuncia. A renuncia dará lugar á devolución das cantidades percibidas, se procede, e determinará a perda dos dereitos económicos da parte da beca non gozada. • O persoal técnico e facultativo que coordine esta convocatoria de bolsas poderá propoñer ao órgano competente da Deputación de Lugo a revogación das mesmas por falta de dedicación ou incumprimento das condicións sinaladas, con base en informe debidamente motivado, e poderá anular os beneficios concedidos e solicitar a devolución das cantidades percibidas, se has houbera, no prazo que establece o Regulamento Xeral de Recadación. • A adxudicación das bolsas será igualmente revogada total ou parcialmente no caso de que se comprobase que na súa concesión concorreu ocultación, falsidade de datos, ou que existen incompatibilidades con outros beneficios desta clase procedentes doutras persoas físicas ou xurídicas. • A solicitude das bolsas implica o coñecemento e aceptación do disposto nas bases. DISPOSICIÓNS ADICIONAIS. I.- Financiamento. As bolsas convocaranse con cargo á aplicación orzamentaria (4522.481) dos Orzamentos Xerais da Deputación Provincial de Lugo, para o ano 2008 . II.- Réxime Xurídico. Para todos aqueles extremos non previstos nestas bases, aplicarase a Lei 38/2003 de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e supletoriamente a Lei 30/92 de 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, asi como a demais normativa vixente que resulte de aplicación. III.- Recursos. Ante a resolución que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de reposición no prazo de un mes contado a partir do seguinte á publicación no Boletín Oficial da Provincia, perante o mesmo órgano que adoptou a devandita resolución, ou ben, interpor directamente recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses a contar dende o seguinte a publicación referida perante o xulgado Contencioso Administrativo de Lugo. DISPOSICIÓNS DERRADEIRAS. Autorízase ao órgano competente da Deputación de Lugo para ditar, no ambito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde e o inicio da presente convocatoria. As disposicións aquí contidas entrarán en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Descargar Solicitude