Deputación de Lugo

Lara Méndez participa na clausura das VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero

Imaxe deputación de lugo
O Pazo de San Marcos acolleu este encontro organizado polo

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou este mércores no acto de clausura das VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xenero, que organizou o Concello de Lugo coa colaboración do organismo provincial. Méndez afirmou que “a violencia machista atinxe a todos: ás mulleres, ós homes, ós axentes sociais e tamén ás institucións. Entre todos debemos loitar para intentar superar este grave problema e, sobre todo, para protexer ás vitimas”. Acompañada pola Directora Xeral de Xustiza de Galicia, Begoña Santos, e a Concelleira de Muller e Benestar Social do Concello de Lugo, Carmen Basadre, a Vicepresidenta Segunda dixo que “son necesarias, entre outras, políticas de protección, de prevención ou de emprego, pero tamén é necesaria a concienciación de toda a sociedade. Non pode haber ningún tipo de tolerancia nin de xustificación ante a violencia contra as mulleres”. Para Lara Méndez “é a nosa obriga, non só legal, senón tamén moral, protexer ós máis débiles. Lamentablemente os medios nunca son suficientes, pero nos últimos anos estanse a facer importantes avances”. A responsable provincial felicitou “á Concelleira de Benestar Social, Carmen Basdre, por organizar un ano máis estas xornadas e polo traballo que está a desenvolver o departamento que dirixe ó longo do ano. Estou segura de que as conclusións deste encontro serviron para arroxar luz sobre as causas da violencia machista e deron algunhas claves para poñer en marcha posibles solucións”. Un amplo programa As VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero desenvolvéronse no Salón de Actos da Deputación desde o pasado luns. Incluíu varias ponencias: “As políticas de emprego como instrumento para combater a violencia contra as mulleres”; “novas formas de violencia de xénero”; “prevención da violencia desde os servizos sociais”; “tres anos de vixencia da Lei integral contra a violencia de xénero”, “plan de prevención contra a violencia de xénero” e “violencia de xénero e medios de comunicación, unha relación controvertida”. Dentro do programa tamén se proxectou a película “Quiero ser como Beckham”. Mañá, ás 21:00 horas, terá lugar un concerto de Diana Navarro no Auditorio Gustavo Ferire e o sábado celebrarase o primeiro encontro de Mulleres Rurais Emprendedoras na pranta baixa do Mercado de Abastos.