Deputación de Lugo

A Deputación invistirá 10,6 millóns de euros na conservación integral das vías provinciais en 2009, o dobre que anos anteriores

Gómez Besteiro destaca que esta cantidade representa un terzo do presuposto total da Área de Infaestruturas en 2008

A Xunta de Goberno iniciará mañá os trámites de contratación da conservación de preto de 4.200 quilómetros nos que se dará un tratamento especial á zona da alta montaña O Presidente Provincial dixo que con esta actuación prímase a seguridade e apóstase pola obra pública en momentos de crise O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este xoves que o organismo provincial destinará 10,6 millóns de euros ó mantemento integral das estradas provinciais en 2009. Gómez Besteiro destacou que esto supón “un terzo da Área de Infraestruturas que é, con moito, a que xestiona o maior orzamento da Deputación, en concreto 31,5 millóns de euros. Esto demostra a importancia que ten dentro do organigrama do goberno todo o relacionado coa rede viaria provincial que é a máis extensa de Galicia, e unha das máis extensas de España”. Contrato estrela Gómez Besteiro subliñou que este investimento supón, en termos reais, que “esta nova Deptuación destina á conservación da rede viaria o dobre do que se viña aplicando en anos anteriores. Este contrato estrela empezará a súa tramitación na Xunta de Goberno de mañá ata chegar a finais de ano, de xeito que comezará a ser operativo o 1 de xaneiro”. Este plan de conservación atinxe a 4.199 quilómetos, que se dividirán en 13 zonas, fronte as 20 que había antes, co obxectivo de que o contrato sexa máis eficaz. En tres desta zonas, de alta montaña, darase un tratamento especial. Engloban os Concellos da Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Navia de Suarna, Becerreá, Cervantes, O Incio, Samos, Triacastela, Quiroga, Ribas do Sil, Monforte, Bóveda, Pobra do Brollón, Sober e Pantón. Máis obra pública Acompañado polos Deputados da Área de Infraestruturas, Manuel Martínez, e da Rede Viaria Provincial, Juan José Díaz, Valiño, o titular da institución afirmou que se acomete este “esforzo extraoridanrio, co máis do 100% que anos anteriores, porque confiamos cegamente nun maior investimento na obra pública, sobre todo neste momento de crise”. Segundo o Presidente, coas actuacións previstas “primarase, por enriba de todo, a seguridade vial nas estradas das que é titular a Deputación”. As empresas que resulten aduxdicatarias deberán atender todo tipo de incidencias durante as 24 horas do día e os 365 días do ano. Gómez Besteiro apuntou que “o ano pasado se fixeron en torno ás 500 peticións que chegan á Deputación a través de diversos medios como fax, teléfono etc. Ademais, temos garantida unha resposta en menos de dúas horas”. Pero ademais, o contrato implica a eliminación de fochancas. O responsable provincial lembrou que “este ano, por primeira vez, os capataces da Deputación percorreron os máis de 4.000 quilómetros sinalando todos os baches. Foi algo que lle pareceu moi gracioso ó Partido Popular pero que se revelou como un mecanismo moi eficaz para detectar os problemas, analizalos e sobre todo, resolvelos”. Os contratos tamén contemplan o movemento de terras para a mellora puntual de curvas, así como a apertura de cunetas en todos os treitos nos que se leve a cabo a mellora do firme; pequenas obras de fábrica e drenaxe, como reconstrución de canos de desaugue, pequenos muros ou colocación de tubos de drenaxe e cunetas de formigón nos treitos que o requiran; complementarase a sinalización vertical existente e a defensa con barreiras metálicas, e colocaranse balizas de neve en estradas de montaña.