Deputación de Lugo

O VICEPRESIDENTE PRIMEIRO DA DEPUTACIÓN PARTICIPOU NA ENTREGA DE TROFESO DA I CARREIRA INTERNACIONAL DE CABALOS DE ANDADURA GALEGA

Un cento de participantes déronse cita en Lugo para competir nas tres disciplinas desta proba hípica

A Área de Deportes da Deputación de Lugo e a Consellería do Medio Rural organizaron esta proba que se celebra por primeira nunha cidade galega Esta tarde celebrouse a I Carreira Internacional Cabalos de Andadura Galega - Cidade de Lugo 2008. Esta primeira edición contou cun gran éxito de público e participantes, máis dun cento de xinetes procedentes de Galiza e Portugal fixeron unha demostración maxistral desta técnica milenaria de monta de cabalo. A competición tivo lugar na explanada da Facultade de Veterinaria de Lugo dende as 16:00 horas e estivo dividida en tres categorías. A proba iniciouse cunha demostración didáctica na que se amosaron os tres tipos de paso de andadura que ían a definir as tres probas que se celebrarían a continuación. A primeira das probas foi a da andadura de 2 tempos ou Serrada, nesta competición participaron un total de 26 xinetes e recibiron premios os 12 primeiros clasificados. A segunda das probas foi a a da andadura de 4 tempos ou Chapeado, nesta competición participaron un total de 23 xinetes e recibiron premios os 12 primeiros clasificados. A terceira das probas foi a cabalos trotóns, nesta competición participaron un total de 50 xinetes e recibiron premios os 12 primeiros clasificados. Antes da entrega de premios un xinete procedente de Colombia fixo unha espectácular demostración de Paso Fino a lombos de un precioso cabalo seleccionado xeneticamente para realizar este paso. A entrega de premios estivo a cargo do Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo, Antón Bao Abelleira, o Presidente Comité Organizador Xurado da Proba, Jesús Antonio Sánchez Gómez, o Delegado Prov. da Consellería de Medio Rural en Lugo, Emilio López Pérez, o Vocal de andadura e actividades Rurais da Federación hípica galega, Joaquín González Troncoso, o Representante Federación Galega de Hípica, Ignacio López Calvín. A proba comezará ás 16:00 horas coa chegada dos participantes e ás 16:30 haberá unha exhibición comentada das distintas modalidades deste deporte. As competicións comenzarán a partir das 17:00 horas e a primeira delas será a de Andadura de dous tempos, seguida da de Andadura de catro tempos e por último pecharase a proba coa competición de Andadura de cabalos trotóns. Unha vez finalizadas as competicións procederase á entrega dos concellos. O xurado estará composto por un presidente, un xuíz de pista-cronometador e un xuíz de faltas que se rexerán polo regulamento da Federación Hípica Galega. Haberá un total de 36 premios para os doce primeiros clasificados en cada unha das tres especialidades e os premios oscilarán entre os 150 e os 30 euros. Aínda que xa se celebraron estas competicións en 17 vilas galegas, é a primeira vez que unha proba deste tipo se leva a unha cidade. Esta proba contribuirá a poñer valor, ante a sociedade, á raza de cabalo galego da cal existen uns 1.300 exemplares completamente identificados e rexistrados e uns 18.000 nos montes galegos. Galiza é o lugar do estado español que ten o maior censo de cabalos superando os 40.000 exemplares. UNHA TÉCNICA RESERVADA A CURAS E MÉDICOS A técnica da andadura utilizada nestas probas foi moi usada ao longo da historia dada comodidade que supoñía para os xinetes mentres e que ademais lles permitía desprazarse a unha velocidade considerable. Durante a presentación contouse como anécdota que en 1562 Felipe II decretou a prohibición de que ninguén puidese andar en mulas de paso agás os médicos e os relixiosos. CLASIFICACIÓNS Categoría de 2 tempos ou Serrada 1. Heidi (Egua) – Ramón Carro – Ferrol – A Coruña 2. Lóstrego (Cabalo) – Francisco Porto – Melide – A Coruña 3. Peduro (Cabalo) – Miguel Lodeiro – Mabegondo – A Coruña Categoría de 4 tempos ou Chapeado 1. Madrileño (Cabalo) – Miguel Anxo López – Ferrol – A Coruña 2. Palomino (Cabalo) – Jacinto Santiago – Ferrol – A Coruña 3. Pistón (Cabalo) – Antonio Porca– Ferrol – A Coruña Categoría de Cabalos Trotóns 4. Negro (Cabalo) – Carlos Africano – Montealegre – Portugal 5. Toneques (Cabalo) – Claudino Fernández – Montealegre – Portugal 6. Match Ball (Cabalo) – Borja Rodríguez – Cedeira – A Coruña