Deputación de Lugo

Gómez Besteiro cumpre o compromiso de ampliar a Uruguai o convenio para a formación de empresarios lucenses no exterior

O Presidente da Deputación e ó presidente da Asociación de Empresarios Galegos en Uruguai asinaron hoxe o convenio, dotado con 50.000 euros, e que se poñerá en marcha nos primeiros meses de 2009

César Antelo foi recibido no Pazo provincial por Gómez Besteiro e Melchor Roel O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, asinou este mércores co presidente da Asociación de Empresarios Galegos en Uruguai, César Antelo, o convenio para poñer en marcha o Programa de Iniciativas Emprendedoras dirixido a emigrantes lucenses e ós seus descendentes no devandito país. Este foi un dos compromisos asumidos por Gómez Besteiro durante a súa viaxe institucional a Sudamérica no mes de setembro. “Daquela visita que, en principio só iamos plantexar en termos económicos en Arxentina e Venezuela, saíu a necesidade de ampliar este servizo da Deputación, que é a primeira administración española que da un paso deste tipo”. O titular provincial avanzou que o convenio se poñerá en marcha no primeiro trimestre de 2009 e estará dotado con 50.000 euros, “a mesma cantidade que nos casos de Arxentina e Venezuela, nos que xa está en marcha, xa que queremos dar o mesmo trato nos tres casos”. A sinatura do convenio tivo lugar este mércores durante a recepción a César Antelo no Pazo Provincial, un acto no que tamén estivo presente o Deputado da Área de Persoal e Réxime Interior, Melchor Roel, que tamén participara na viaxe institucional de setembro e é o mellor embaixador da Deputación polo seu vencellamento con Sudamérica. No encontro, que ambos mandatarios mantiveron en Montevideo con empresarios galegos, estes solicitaron ó Presidente da Deputación adherirse á oferta formativa económica posta en marcha por Gómez Besteiro en Arxentina e Venezuela e acordouse un protocolo que se executa hoxe a través deste convenio. Camiño de ida e volta O titular provincial, agradeceu a visita do presidente de empresarios galegos en Uruguai porque “esta é unha autopista de dobre dirección. No mundo da emigración acabouse o de ir un día e non acordarse máis. O importante é fortalecer unha relación económica que é a que da riqueza”. Este programa formativo para empresarios lucenses no extranxeiro “confirma unha liña de actuación que, máis aló de apoiar ó hospital de Montevideo ou a rapaces de Lugo que están estudando en Arxentina, nos leva pola senda do progreso económico. Nun mundo globalizado temos que facer alianzas coa nosa xente que está alí e que, en moitos casos, non pensa volver. Rómpese así a inercia de entender a nosa relación coa nosa comunidade no extranxeiro só en clave de subsidiación cando en realidade debe ser en clave de cooperación”. Pola súa banda, o presidente dos empresarios galegos en Urugai destacou a importancia deste convenio que inclúe “cursos de formación a empresarios galegos, fundamentalmente lucenses. Creo que van a ser muy importantes y útiles para aquellos empresarios que se quieran instalar en Lugo y para los que ya están instados allí y necesitan mejorar su calificación para que sus empresas sean más competitivas y modernas”. César Antelo afirmou que este acordo coa Deputación de Lugo “nos va a dar un empuje grande al importante grupo de gallegos que estamos viviendo en Uruguay y que necesitamos este tipo de ayudas para avanzar en un mundo globalizado y para que, a pesar de todos los problemas actuales, nos pongamos en una situación competitiva”. A provincia de Lugo conta con preto de 43.000 lucenses residentes no exterior, dos que o 80% reiden en Iberoamérica.