Deputación de Lugo

Os canóns do Sil e a ría de Ribadeo, destinos esta semana de Km0

Imaxe deputación de lugo
Veciños de Castro de Rei, Monterroso e Cospeito participan no programa impulsado pola Deputación

Os canóns do Sil e a ría de Ribadeo son os destinos elexidos polos participantes de Km0 esta semana. En total, 127 veciños de Castro de Rei, Monterroso e Cospeito participarán estes días na iniciativa impulsada pola Deputación, e destinada a dar a coñecer o noso patrimonio medioambiental e favorecer a economía provincial. Un grupo de 36 membros da Asociación de Veciños “Virxe da Saleta” de Castro de Rei foron foron recibidos este martes no Pazo de San Marcos pola Deputada de Economía, Regina Polín. Visitaron o Mazo de Santa Comba e fixeron unha ruta a pé ata Pena do Castelo. A viaxe rematou cunha travesía en catamarán por Amandi. Mañá, 55 veciños de Monterroso desprazaranse ata a Mariña, onde realizarán unha travesía marítima pola ría de Ribadeo. Visitarán o Centro de Cultivos Mariños e o Convento de Santa Clara, ademais do Centro de Artesanía e Deseño, dependente do organismo provincial. O xoves, 36 integrantes da Asociación Veciñal “Pensando en Todos” de Feira do Monte redescubrirán a Ribeira Sacra, onde farán un percorrido en catamarán por Amandi. Tamén visitarán o Mazo de Santa Comba. Esta semana tamén contou cunha viaxe de excepción, na que o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado de directivos Fundación Española do Corazón e da Sociedade Española de Cardioloxía presentou as rutas de Km0 adicadas ós Camiños de Santiago ó seu paso pola provincia. A comitiva fixo un percorrido a pé do Camiño Primitivo que pasa por Castroverde. Visitaron a Torre de Castroverde e o conxunto monumental de Vilabade.