Deputación de Lugo

Aberto o prazo de inscrición para os cursos de outono do Centro de Artesanía e Deseño

Imaxe deputación de lugo
O CENTRAD organiza os vinderios meses 19 actividades formativas de cestaría, vidro, téxtil, xoiería e cerámica

Comeza o curso de “Cestaría tradicional catalá de palla. Gorras de cop” dentro da programación de verán O Centro de Artesanía de Deseño dependente da Deputación abriu o prazo de inscrición para os cursos da programación de outono que comezará o 21 de setembro cunha actividade formativa sobre cestaría de palla e xuncos de lagoa. O primeiro curso impartirase en horario nocturno (de 20 a22 horas), e correrá a cargo do artesán Calos Fontales. Un total de 19 cursos forman a programación que organiza o CENTRAD ata mediados de decembro. Os obradoiros serán impartidos por especialistas na materia como os cesteiros Philippe Chastenet, especializado na cestería francesa de vimbio, Mónica Guilera Subirana, no trenzado de cadeiras ou Lluis Grau, na de láminas de madeira. Tamén haberá cursos de: “Cestaría de vimbio.Cesta de cogumelos”; “Cestaría castelá de palla. Bolso” (primeira e segunda parte); “Cestaría de vimbio. Xerra de viño castelá”; “Cestaría de vimbio. Técnicas de lazo”; “Cestaría de costelas”; e “Cestería de vimbio. Zarzo, cul de queixal e celta”. Polo que se refire ó vidro, a artesá Maribel Navarro Nieto impartirá o curso “Esmaltes e lustres aplicados ó vidro”. En canto ó téxtil, serán os de “Tecido tradicional galego”, “Ornamentación de interiores e obxectos para o fogar” e “Tear de alto lizo. Alfombras”. Por último, haberá dúas actividades formativas relacionadas coa xoeiría: “Xoias con perlas” e “Xoias con madeiras”, ámbolos dous impartidos por Thomas Buchter e unha de cerámica, de oleiría de Bonxe, que correrá a cargo de Josefa Lombao. Os cursos teñen unha capacidade de 12 alumnos como máximo. Están dirixidos a artesáns profesionais e ó público en xeral. A duración dos mesmos oscila entre as 10 e as 50 horas. A incrición poderá realizarse ata dous días antes do comezo de cada obradoiro, a través do teléfono: 982 21 00 66 ou do número de fax: 982 21 90 14. Cunha duración total de 576 horas, estes cursos permiten recopilar as técnicas tradicionais de cestaría, téxtil, vidro e xoiería da provincia de Lugo e doutros puntos de Galicia e mesmo de España e Fancia para logo dalas a coñecer, conseguindo así que a tradición e os oficios máis antigos non desaparezan e permanezan no tempo. Gorras de “Cop” con técnica tradional tarraconense Este luns comezou o curso de “Cestaría tradicional catalá de palla. Gorra de cop” que rematrá o 11 de setembro. Con horario de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20:30, está incluído dentro da programación de verán dos cursos do CENTRAD. O obradoiro está a ser impartido por Ana Sánchez Marín no Centro de Cestaría do río Rato. Durante as 40 horas de duración, os participantes aprenderán a elaborar Gorras de “Cop” segundo a técnica tradicional de Bellver (Tarragona).