Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo recupera a figura do APALPADOR para o Nadal lucense

Imaxe deputación de lugo
Este venres 25, o Apalpador chega a Lugo procedente dos montes do Caurel para encher de agasallos os fogares de Galiza
Sairá ás 18:00 horas da rúa Bispo Aguirre, percorrerá a praza Maior, a rúa da Raiña e a Praza. de Sto. Domingo para chegar ás 18:30 a diante da Deputación, onde recibirá aos nenos e nenas con castañas para encher os seus bandullos baleiros.