Éxito da pioneira mostra de EXPOMANGA coa visita de 600 persoas
![Imaxe deputación de lugo](/sites/deputacionlugo.org/files/default_images/depulugo001.jpg)
O CENTRAD organiza o curso Cestaría de vimbio-técnicas de lazo que se desenvolverá dende este luns e ata o xoves no centro do Paseo Rato EXPOMANGA, a pioneira mostra que a Capela de Santa María acolleu durante a fin de semana, recibíu a visita de 600 persoas. Deste xeito, a exposición sobre este estilo gráfico e a cultura xaponesa que organizou o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), dependente da Deputación, foi todo un éxito. Preto do 80% dos visitantes foron mozos cuxas idades oscilan entre os 14 e 34 anos, e un 20% persoas de entre 35 e 49 anos. EXPOMANGA é a primeira mostra deste contido que se celebrou en Galicia, unha iniciativa do organismo provincial en apoio aos debuxantes galegos, e o arte gráfico en xeral que, xunto co Salón do Cómic da Coruña, son os únicos proxectos sobre esta materia que se celebran na Comunidade. A mostra reuníu obras do artista Sebastián González Ibarra, e todo tipo de material relacionado co mundo do manga, da animación e do cómic, de Tótem, a única tenda na provincia lucense especializada no manga. O debuxante Sebastián González Ibarra expuxo preto de 20 pinturas, algunhas delas propias, e outras inspiradas en recoñecidas series, películas e cómics. Pola súa banda, Manuel Veiga, propietario de Tótem, amosou cómics, animes (debuxos de animación), Art books importados dende Xapón (recopilatorio de imaxes manga), figuras de coñecidos héroes, e incluso cosplays (traxes de personaxes manga). Obradoiros de Cestaría Este luns, dende ás 16:00 horas e ata ás 20:00 horas, o CENTRAD organiza un novo curso de cestaría no centro do Paseo Rato. Trátase da xornada Cestaría de vimbio-técnicas de lazo, que se desenvolverá ata o vindeiro 26 de novembro, e na que os participantes fabricarán distintas pezas segundo a técnica de lazos. Da mesma forma, esta pasada fin de semana, tivo lugar a segunda parte do curso Cestaría castelá de palla-Bolso, unha xornada na que os alumnos remataron complexas e laboriosas pezas empregando a técnica castelá nomeada punto de palla.