Deputación de Lugo

Máis de 300 persoas participan esta semana en Km0

Imaxe deputación de lugo
A Mariña e A Ribeira Sacra son as protagonistas das seis rutas organizadas dentro do programa de visitas medioambientais

A Deputada de Economía, Regina Polín, recibiu este martes no Pazo de San Marcos, a dous grupos, un da Asociación de Mulleres Autónomas da Provincia de Lugo e outro da Asociación Cultural “O Castelo de Alfoz, dentro do programa de visitas institucionais Km0 que promove a Deputación. No primeiro caso, os participantes elexiron a ruta dos viñedos, que incluíu visitas ó pobo e o encoro de Belesar, degustación de viño nunha adega e unha ruta de sendeirismo ata a igrexa de Pesqueiras. Polo que se refeire ós membros da Asociación O Castelo, de idades comprendidas entre os 10 e os 80 anos, fixeron unha viaxe en catamarán por Amandi e camiñaron ata Pena do Castelo. A Mariña será a protagonista de mañá. Un grupo da Asociación de Viuvas Julia Minguillón de Lugo coñecerán o Centro de Cultivos de Ribadeo, o Convento de Santa Clara e realizarán unha travesía marítima pola ría. Por outra banda, veciños da parroquia de Galegos, do Concello de Láncara, viaxarán ata Sargadelos, en Cervo, onde visitarán a fábrica de cerámica e faran un percorrido polo Paseo dos Namorados. Por último, a Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira, do Concello de Guntín, optaron polos Canóns do Sil onde, ademais da viaxe en catamarán, visitarán os Muíños de Xábrega. Ese mesmo día, o xoves, un grupo da Asociación Prestancia de Lugo coñecerán o casco histórico de Ribadeo e farán un percorrido a pé desde Illa Pancha ata o Castelo de San Damián.