Deputación de Lugo

O Centro de Artesanía e Deseño ensina por primeira vez todo o proceso de elaboración da arte da xoeiría

Imaxe deputación de lugo
O CENTRAD celebra Técnicas de corte e calado, o 1º curso deste ciclo formativo

Unhas 50 persoas enchen ó 100% dos 7 obradorios que se iniciaron esta semana O Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, ofrece por primeira vez un ciclo de xoería sobre todo o proceso de elaboración desta arte. A xornada formativa divídese en 4 cursos que se celebrarán dende marzo, e ata finais de xuño. Deste xeito, o CENTRAD acolle durante esta semana e ata o 12 de marzo, o curso Técnicas de corte e calado. Trátase dunha xornada na que os participantes aprender a recortar e a limar o material de traballo. É ademais, a primeira fase do proceso de elaboración de xoias. A segunda, será a de elaboración de pezas compostas mediante as Técnicas de soldeo, contido do seguinte obradoiro que terá lugar dende o 12 de abril e ata o 23. A programación de cursos do CENTRAD da primavera traerá as dúas últimas xornadas: Técnicas de volume, e Textura e Remates; e nos que se ensinará xa a crear pezas con diferentes volumes e relevos. Da mesma forma, ó marxe deste ciclo formativo, o Centro de Artesanía e Deseño voltará a contar coa participación do coñecido artesán alemán Thomas Buchter para impartir dous cursos de xoiería dirixidos ós profesionais do sector. Outros obradoiros Unhas 50 persoas enchen ó 100% dos 7 obradorios que celebra o CENTRAD ó longo desta semana. Deste xeito, o Centro de Cestaría do Río Rato acolle os cursos de Cestaría de Palmito, e o de Iniciación á cestaría de vimbio. A cerámica está presente no obradoiro Olería de Bonxe que se prolongará ata finais deste mes, e no que se farán pezas mediante as técnicas do torno e o churro. Ao respecto do textil, tamén están completos os obradoiros Técnicas de macramé, no que se elaboran pezas mediante a tradición milenaría dos nós, e o de Confección de traxes rexionais e bordado, que xunto o de Iniciación á Encadernación, están sendo impartidos por artesáns do propio Centro.