Deputación de Lugo

O ocio dixital máis actual estará presente na LudusParty.net 2008 coa que colabora a Deputación

O Concello de Lugo organiza esta iniciativa que terá lugar do 5 ó 8 de decembro no Pazo de Feiras e Congresos

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e a Concelleira de Servizos Xerais do Concello de Lugo, Luisa Zarzuela, presentaron este xoves as últimas novidades relacionadas coa terceira edición da LudusParty.net que terá lugar a partir do 5 de decembro no Pazo de Feiras e Congresos, e que poderá contará cunha participación de 650 internautas, 400 persoas xa inscritas. Lara Méndez indicou que “a terceira edición da LudusParty é unha mostra do esforzo que se está a facer en Lugo para a implementación das novas tecnoloxías” e engadiu que con ela “Lugo ábrese ao mundo como unha alternativa ós que todavía non planificaron a súa ponte da Constitución”. A responsable proivncial afirmou que “nos tempos que corren o emprego das novas tecnoloxías é unha realidade imprescindible e necesaria no desenvolvemento da nosa actividade diaria”. Neste senso, destacou que “cando chegamos á Deputación constatamos que unha das necesidades que presentaba a provincia era a implantación, formación e aplicación de novas tecnoloxías, un problema que se solventarará, en boa media, coa implantación do proxecto europeo Innova-TE, que está destinado a todos os Concellos da provincia, con especial atención ós que acusan un maior despoboamento”. Un referente do noroeste peninsular Pola súa banda, Luisa Zarzuela dixo que “queremos que a Ludus Party sexa para todas as idades e plantarlle cara ás estatísticas que sitúan a Galicia nos últimos postos da utilización das novas tecnoloxías con este encontro que se está a converter nun referente no noroeste do país”. A Concelleira explicou que este ano fomentarase a participación cerativa dos asistentes. “Ademáis de incorporar unha gran representación do lecer dixital máis actual, realizaranse actividades directamente relacionadas coa parte creativa dos asistentes”. Outro dos obxectivos nesta nova edición da Ludus Party é a de apostar polas novas xeneracións dixitais: “Somos conscientes de que en Lugo hai bos centros de formación de deseño e desenvolvemento de software edecidimos incentivar, por medio de concursos, as aficións de todos os que se decidan a participar nos concursos de fotografía, vídeo, composición gráfica 2D, composición gráfica 3D, composición musical, composición libre, etc.”, apuntou Luisa Zarzuela. Ademais nesta Ludus Party 2008 presentarase o xogo a expansión del World of Warcraft. A empresa creadora do xogo colabora na Ludus patrocinando as noites Blizzard e aportando camisetas, posters, calendarios e packs de cartas para regalar aos gañadores do concurso. Todo esto sen descoidar as presentacións máis actuais de produtos, así as últimas novidades do mercado para estas navidades estarán presentes tanto para os participantes como para os visitantes que poderán disfrutar de un stand de Guitar Hero World Tour por cortesía de Activision e Sony Playstation onde poderán emular aos seus músicos favoritos coa guitarra, a batería o co micro. No stand de Nintendo os asistentes poderán disfrutar das últimas incorporaciones ao catálogo da popular Nintendo Wii como Wii fit (para facer deporte) o Wii music (dirixindo a súa propia orquestra). Empresas da talla de Ubisoft, Microsoft, Proein, Fx Interactive, Blizzard y Activision cederon material e agasallos para que nesta edición da Ludus Party non falte de nada.. En canto a conferencias hai que destacar a visita o luns día 8 pola mañá de Pablo Gradío, director de Vandal.net que falará das últimas tendencias no mercado do ocio electrónicoespañol. Ademáis haberá un debate sobre os blogs coa participación dos creadores dos seguintes espazos: - www.ionlitio.com (bloggero de Lugo afincado en Madrid) e www.vidaextra.com (un dos blogs de ocio electrónico máis importantes de España).O resto do programa consiste nos habituais concursos de videoxogos, actividades de ocio como carreiras de sacos, lanzamiento de cd, concursos de preguntas e respostas frikis, etc...