Deputación de Lugo

Gómez Besteiro e a Cónsul de Uruguai en Galicia estreitan lazos de colaboración coa comunidade sudamericana

Imaxe deputación de lugo
- O Presidente da Deputación recibiu a Marta Echarte, na que foi a súa primeira visita á cidade luguesa dende que tomou posesión do seu cargo en decembro
- A de Lugo, con preto de 300 uruguaios, convértese na terceira provincia por detrás de Pontevedra e A Coruña con máis poboación deste país

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recibiu este mércores no seu Despacho á Cónsul de Uruguai en Galicia, Marta Echarte Baraibar. A visita enmarácase dentro dos contactos que a responsable do consulado uruguaio está a levar a cabo coas distintas administracións galegas dende que tomou posesión no mes de decembro. Gómez Besteiro destacou que “é un pracer recibir á nova Cónsul do país uruguaio porque a Deputación ten un un firme compromiso cos inmigrantes galegos retornados de Sudamérica. Éramos a única administración galega que non tina relación cos seus emigrantes, unha débeda histórica que quixemos saldar cando chegamos ó goberno”. A provincia conta con preto de 300 uruguaios, dos que 140 viven na capital luguesa. Deste xeito, Lugo é a terceira provincia con máis poboación de Uruguai, despois de Pontevedra e Coruña, O titular provincial lembrou que, precisamente, neste país, xunto cos de Arxentina e Venezuela, o organismo provincial levou a cabo un ciclo formativo para lucenses, converténdese na primeira administración española que deseñou formación para xerar riqueza ós seus emigrantes no país de destino e non para o retorno. Neste senso, outro exemplo de colaboración coa comunidade uruguaia é a axuda que o organismo provincial concede ós lucenses que residen no Fogar Español deste país: 850 euros mensuais para o aloxamenteo e a manutención. Froito da visita realizada en setembro de 2009 a Sudamérica, hoxe o Concello de Viveiro conta coa Casa do Emigrante, un centro de formación personalizada para este colectivo onde se lles facilitan os trámites e o acceso á documentación que requiran como as partidas de nacemento. 3 meses no cargo Marta Echarte acumula unha longa experiencia diplomática logo de desempeñar este cargo en Venezuela, Colombia e Brasil, ademais de en cidades como Madrid. Tras percorrer medio mundo, recalou en Galicia para sustituir a Gonzalo Koncke. O consulado xeral uruguaio, ademais de en Galicia, tamén ten xurisdición sobre o principado de Asturias, Cantabria e o País Vasco. Na recepción, Gómez Besteiro fíxolle entrega á Cónsul de Uruguai dunha colección de pendentes e pulsera elaborada polos artesáns do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación.