Deputación de Lugo

Gómez Besteiro clausura a programación das Aulas da Terceira Idade de Lugo

Imaxe deputación de lugo
Unha obra de teatro e unha demostración de Tai Chi pechan no centro sociocultural de Fingoi as actividades do colectivo de maiores

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, clausurou este luns no centro sociocultural de Fingoi da capital a programación de actividades das Aulas da Terceira Idade de Lugo, ATEGAL. Este colectivo, que na provincia integran máis de 100 persoas maiores de 60 anos, organizaron nos últimos meses diferentes actividades como clases de informática, manexo de Internet, fotografía, ximnasia, baile, ou cursos de prevención, co obxectivo de dar resposta ás demandas culturais e educativas deste sector. Deste xeito, ATEGAL puxo fin a súa programación coa posta en escena da obra Os Viaxeiros, peza teatral escrita por un dos membros desta asociación, e cunha demostración de ximnasia e Tai Chi.