Deputación de Lugo

A Deputación arranca o programa Innova-TE e aforra unha media de 300.000 euros a cada Concello

Imaxe deputación de lugo
O Presidente e a Secretaria de Estado de Función Pública inauguran a xornada de lanzamento do programa tecnolóxico que garante a implantación da administración electrónica na Deputación e en 66 municipios en 12 meses

A iniciativa, que ten un custe cero para os Concellos, inclúe a aplicación de 40 procedementos no organismo provincial e 80 en cada unha das entidades locais O 98% dos procedementos da administración do Estado poden realizarse electronicamente, de tal xeito que España é o primeiro país do mundo no desenvolvemento do DNI electrónico e o 9º no ránking mundial da eadministración O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e a Secretaria do Estado de Función Pública, Consuelo Rumí, inauguraron este vernes a Xornada de Lanzamento do programa tecnolóxico Innova-TE, cofinanciado nun 70% con fondos europeos FEDER, e co que o organismo provincial inicia de xeito oficial o proceso de implantación da administración electrónica na Deputación e nos 66 Concellos da provincia. Gómez Besteiro subraiou que “este encuentro marca un antes y un después en la trayectoria de esta institución, de los Ayuntamientos y de los ciudadanos de esta provincia. Hoy arranca oficialmente la administración sin papeles y la administración abierta 24 horas. En este partido, todos llevamos la misma camiseta: la de las nuevas tecnologías. Diputación y Concellos lucharemos por un triunfo compartido, siendo corresponsables de los éxitos y resultados”. Durante estes meses, o organismo provincial traballou para poñer en marcha esta iniciativa que ten un investimento de 9 millóns de euros. Deste xeito, a Deputación converterase na primeira administración de Galicia en traballar en rede con todos os Concellos, o que vai supoñer un avance sen precedentes nesta provincia. “En menos de un año daremos un salto de 0 a 100 en este sentido y los vecinos podrán relacionarse con la administración de forma inmediata, de manera que ahorren dinero y tiempo”. En total, no prazo de 12 meses levaranse a cabo 40 procedementos na Deputación e 80 e canda un dos Concellos de ámbito de actuación do programa. No caso do organismo provincial, crearase un procesador de datos con servidores e capacidade de Internet, resolvendo os problemas actuais de acceso á rede, e estreando un novo portal web apostando polo software libre. Como exemplos, Gómez Besteiro explicou que os funcionarios poderán pedir duplicados de nóminas, certificación de retencións do IRPF para facer a declaración da renda, inscrición en accións formativas, trámites de contratación de obras e subministros, etc Asimesmo ofrecerase unha pasarela de pagos. Os cidadáns poderán consultar a bolsa de emprego do seu expedente a través da sinatura electrónica e a notificación das subvencións realizarase electronicamente. A institución provincial tamén acollerá un Centro de Asesoramiento Empresarial, una plataforma única e multicanal, onde se vai informar e resolver dúbidas sobre a administración electrónica a emprendedores, veciños, traballadores, etc. 80 procedementos para cada Concello O programa, que fora adxudicado á UTE de empresas Mnemo-Software AG-Fujitsu, xunto á subcontratación de Novasoft, inclúe a realización de 80 procedementos para cada un dos Concellos. Deste xeito, dotarase ós 66 municipios incluidos no ámbito de actuación do programa de material suficiente para a implantación de la administración electrónica. É dicir, ordenadores portátiles e dispositivos para que poidan facer realidade a eadministración de forma que os veciños poidan consultar ou pedir certificados de empadronamento, realizar os pagos de tributos (IBI, IAE ou el IVTM), solicitude de licenzas de obras menores, etc. Asismesmo, ofrecerase ás entidade locais diferentes maquetas de portais web co obxectivo de que todos terán presenza na rede. A sinatura electrónica tamén será un procedemento fundamental dentro do programa, de tal xeito que os Alcaldes e Secretarios poderán asinar os decretos ou expedentes dende a súa casa, axilizando o proceso e garantindo unha maior eficacia da xestión. Nos vindeiros días abrirase unha Oficina del Innova-TE en Lugo capital e realizaranse subcontratacións a empresas locais, o que vai permitir crear novos postos de traballo tamén no campo tecnolóxico. Ademais, o programa está acompañado dunha campaña de formación moi ambiciosa, na que se ofrecerán cursos para ciudadáns, empresas, colectivos, sindicatos, confederación de empresarios, etc co obxectivo de favorecer o acceso dos ciudadáns á eadministración. Custe cero para os Concellos O máximo mandatario provincial subliñou que todas as actuacións terán un custe cero para os municipios. “No vamos hacer nada que los Concellos no deseéis. Todo lo que hagamos será para sumar a lo que ya tenéis y nunca para restar”. Deste xeito, a Deputación asume este custe que, de ser asumido individualmente polas entidades locais, sería totalmete inaccesible. Deste xeito, a Deputación aforra unha media de 300.000 euros a cada un dos municipios nos que se vai levar a cabo a administración electrónica. O aforo do Salón de Actos quedouse pequeno para acoller a xornada na que, ademais do Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, participaron Alcaldes da provincia, Deputados Provinciais, así como traballadores da Deputación e dos Concellos da provincia. Logo da inauguración, expuxéronse as principais liñas de actuación do programa da Deputación e varios casos prácticos semellantes ó Innova-TE levados a cabo noutras provincias de España, e que acadaron grandes resultados. España, o 1º país do mundo con DNI electrónico Esta foi a primeira saída que Consuelo Rumí realizou fóra de Madrid dende a súa toma de posesión. A Secretaria de Función Pública do Estado destacou que o 98% dos procedementos da administración estatal se realizan na actualidade electronicamente, de tal xeito que España é o noveno país do mundo e o quinto de Europa no ránking da eadministración, ademais de ser o primeiro a nivel mundial no desenvolvemento do DNI electrónico. Neste senso, indicou que nestes momentos pódense realizar máis de 2.000 procedementos administrativos a través deste sistema. “Este proyecto permitirá situar a la provincia en el mapa que se merece dentro de la Sociedad de la Información. Será una administración eficaz, ágil y cercana a los ciudadanos, que mejora el fomento de la competitividad empresarial; accesible la 24 horas durante los 365 días del año, de tal forma que de norte a sur la provincia estará conectada”.