Deputación de Lugo

A Deputación suma 33.000 euros para a celebración dos actos da Semana Santa na capital

Imaxe deputación de lugo
Gómez Besteiro fai entrega á Confraría da Borriquita das 50 túnicas confeccionadas no Centro de Artesanía e Deseño que lucirán na procesión do Domingo de Ramos

O titular do organismo provincial presidirá o Luns Santo o acto de homenaxe á unidade da Armada Española que participa na procesión da Virxe da Esperanza A Deputación colabora con distintas asociacións co obxectivo de fomentar o desenvolvemento de actividades que poñan en valor o patrimonio da provincia. Neste senso, o organismo provincial achegou 33.000 euros a distintos colectivos da capital lucense que participarán nos actos da Semana Santa. O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, fixo entrega este xoves á Confraría da Borriquita das 50 túnicas que confeccionou o Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, para a celebración da Semana Santa. Trátanse dos traxes de hebreos que lucirán o Domingo de Ramos, data na que se celebrará a bendición das palmas e a habitual procesión desta irmandade que suma máis de cen persoas. No acto que entrega, que tivo lugar na Sala de Exposición de Traxes Rexionais do CENTRAD, a Presidenta da Confraría, María Rosa Lourido, acompañada de membros da irmandade, agradeceu ó titular do organismo provincial as aportacións concedidas. O organismo provincial colabora coa Xunta de Cofrarías que engloba a todas as irmandades da capital: A Borriquita, Virxe da Esperanza, Desencravo do Señor e das Maiores Dolores de María Santísima, Bo Xesús e do Nazareno, Santo Cristo do Perdón e Nosa Señora da Piedade, Sacramental, Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén. Da mesma, achega aportacións para mantemento e compra de material ás distintas irmandades da cidade. Homenaxe á Armada Por outra banda, este luns Gómez Besteiro presidirá o acto de homenaxe á unidade procedente de Ferrol da Armada Española que participa na procesión da Virxe da Esperanza como membro honorífico desta Confraría. No acto, que terá lugar no Gran Hotel Lugo ás 14:30 horas, participará o Alcalde da cidade, José López Orozco, o Subdelegado do Goberno, José Vázquez Portomeñe, a Presidenta da Audiencia Provincial, María José Ruiz, o Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, e o Almirante Xefe do Arsenal, Santiago Bolíbar Piñeiro a quen o organismo provinincial agasallará cunha peza de xoiería elaborada polos artesáns do CENTRAD.