Deputación de Lugo

Os programas de maior audiencia en España cubren a I Gala Muralla Moda 2010

Imaxe deputación de lugo
Os matinais de TVE, Antena3, e Telecinco tratan o espectáculo organizado pola Deputación e o Concello de Lugo, xunto á tenda lucense Dulce Locura

Europapress televisión e Kopapress están a distribuir material audiovisual do evento a todos os medios de comunicación do país A Gala, que será retransmitida nas canles de Localia Galicia este venres ás 23:00, será un dos contidos das revistas de sociedade e moda máis vendidas no país A I Gala Muralla Moda 2010 está sendo un dos contidos dos programas de maior audiencia en España. O espectáculo organizado pola Deputación e o Concello de Lugo, xunto á tenda luguesa Dulce Locura, e que acadou a participación de 500 persoas no Círculo das Artes da capital luguesa, tivo cabida xa no matinal de Telecinco que presenta a xornalista Ana Rosa Quintana, no espazo de Antena3 que conduce Susana Griso, así como en Las Mañanas de la Uno que dirixe Mariló Montenegro. Asimesmo, e debido á involucración de recoñecidas personalidades no país no evento que conmemorou o 10º aniversario da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade declarada pola UNESCO, o programa Sálvame, tamén de Telecinco, fixo eco da Gala. A Fundación Tic, dependente do organismo provincial, está a facilitar material audiovisual do espectáculo que se enmarca dentro do programa municipal Lugo10 a todos os medios de comunicación que o solicitan. Deste xeito, está previsto que programas de contido social de Televisión Española analicen esta semana os deseños exclusivos presentados por Francis Montesinos, embaixador de honor do Monumento, así como os dos xóvenes talentos da Pasarela Cibeles, os lucenses Manuel Bolaño, Sara Lage e Maru Calderón; ademais da participación das Misses España Raquel Rodríguez e María José Suárez. Retransmisión da Gala Localia Galicia retransmitirá este venres, ás 23:00 horas, a Gala completa nas canles que posue en Santiago, Vigo, Pontevedra, e A Coruña. Mentres, a Central de Contidos, entidade pioneira e líder no sector de distribución de material audiovisual para TDT en España, está a repartir o evento a máis de 70 televisións do país. Pola súa banda, as axencias de comunicación tales como Europapress televisión e Korpapress están a facilitar ós medios do país informacións, imaxes, e fotografias da Gala Muralla Moda 2010. Na prensa escrita, as principais revistas de sociedade e de moda de España tamén publicarán nos vindeiros números novas sobre o evento.