Deputación de Lugo

Lara Méndez destaca a relación intelixente da Deputación, Concello e USC en prol do desenvolvemento do Campus lugués

Imaxe deputación de lugo
A Vicepresidenta Segunda participa no acto de graduación da XIV promoción da Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou este xoves no acto de graducación da décimo cuarta promoción da Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo. Lara Méndez felicitou os alumnos, e destacou que “a Deputación síntese orgullosa de vós, e parte do voso éxito xa que dende hai anos mantemos unha relación intelixente xunto co Concello e a Universidade de Lugo co obxectivo de incrementar os servizos no Campús lugués, o que se traduce na mellora da calidade educativa, e na formación de auténticos profesionais”. Neste senso, a Vicepresidenta Segunda incidiu en que os tres organismos están a traballar na creación do Campus 2015, una inciativa dotada de 20 millóns, dos cales 7 aportaos a Deputación. Da mesma forma, tamén lembrou outros proxectos do organismo provincial na USC como a construción do edificio de Enxeñería Civil, ou a cesión dunha parcela para a implantación dunha empresa de I+D+I no ámbito da biomedicina. Ó acto, que tivo lugar ás 19:00 horas na Aula Magna desta facultade, ademais da responsable da Área de Promoción Económica de Emprego da Deputación, tamén asistiu a Concelleira de Cultura de Lugo, Nuria Mundiña; o Vicerreitor do Campus lucense, Carlos Herrero; o Vicedecano do Colexio Oficial de Economistas de Lugo e presidente da Fundación CEL Iniciativas por Lugo, Luís García Santalla; a Vicerreitora adxunta de Infraestruturas e Servizos do campus lugués, Marta Miranda; o Director xeral de Caixanova e padriño da promoción, José Luís Pego Alonso; e o Decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas, Luís Gago González.