Deputación de Lugo

Gómez Besteiro entrega os primeiros lectores de DNI electrónico ó grupo do facebook I´m from Lugo, a Roberto Vilar e ás Cantareiras de Ardebullo

Imaxe deputación de lugo
A iniciativa inclúese dentro do programa tecnolóxico Innova-TE, que asegura a implantación da e-administración na Deputación e nos 66 concellos lucenses en 13 meses

Unhas 300 persoas, incluídos os recoñecidos humoristas galegos, fixeron un treito do Camiño Primitivo con Km0 a Compostela, programa co que o organismo provincial impulsa a economía e as rutas Xacobeas luguesas O grupo de amigos da rede social e os prestixiosos artistas sumánse a outras personalidades relevantes do deporte e da vida social galega e española que xa fixeron o Camiño en Lugo como Chus Lago ou Fernando Romay O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregou este sábado os primeiros lectores de DNI electrónico ó grupo de amigos facebook “I´m from Lugo & don´t deny it”, ás Cantareiras de Ardebullo, Mucha e Nucha, e ó ex integrante dos Tonechos, Roberto Vilar. Gómez Besteiro quixo aproveitar a participación dos membros da rede social e dos recoñecidos humoristas galegos no programa Km0 a Compostela para repartir estes dispositivos que forman parte do programa tecnolóxico Innova-TE, cofinanciado nun 70% por fondos FEDER, e que asegura a implantación da e-administración no organismo provincial e nos 66 concellos lucenses en 13 meses. Gómez Besteiro destacou que “esta é unha oportunidade extraordinaria para facer entrega destes lectores que lle farán a vida máis sinxela ós lugueses e ás luguesas. O Innova-TE bota a andar e este é o inicio da entrada da provincia na sociedade da información”. Os lectores do DNI electrónico supoñen unha clara vantaxa para os usuarios, xa que lles permitirá realizar procesos administrativos dende a casa como consultas do informe de vida laboral, realización da declaración da renda, consultas relacionadas con licenzas de obra, etc. Deste xeito, a Deputación aforra cartos e tempo ós veciños, xa que o uso destes dispositivos evítalles desprazamentos e as xestións poden realizarse en calquera momento. A Deputación acaba de adxudicar definitivamente o Innova-TE á unión temporal de empresas formada por Mnemo-Software AG-Fujitsu. Logo de concluír o tempo legal para presentación de alegacións, finalizou o prazo sen recibirse nin unha soa, nun proceso marcado desde o principio pola máxima transparencia e publicidade. Esta UTE é a encargada de poñer en marcha o ambicioso proxecto da Deputación, o de maior investimento en TICs feito nunca en Galicia nun só prego dotado con 7 millóns de euros. 400 persoas, Roberto Vilar, Mucha e Nucha O Presidente da Deputación, Roberto Vilar, Mucha e Nucha, ademais do grupo de amigos da rede social, fixeron un treito do Camiño Primitivo dentro do programa Km0 a compostela, co que o organismo provincial se converteu na primeira administración cunha programación estable previa ó Xacobeo. En total, participaron unhas 300 persoas, das que 250 forman parte da rede social e as 50 restantes á asociación de gandeiros de porco celta que estes días celebra un congreso na capital. “As cousas boas sempre se mezclan co esforzo de moita xente. Aquí estivo Chus Lago, Fernando Romay, hoxe as de Ardebullo e Roberto Vilar. E todos eles, incluído o Alcalde, promocionando as rutas Xacobeas. Temos 800 quilómetros de Camiño, o cal é unha riqueza á que lle temos que sacar partido, e facémolo recoñecendo que somos de Lugo e non o negamos”, destacou Gómez Besteiro. Trátase da terceira ruta que organiza a Deputación dentro deste programa no que xa participaron outras personalidades relevantes do deporte e da vida social galega e española. Neste caso, o percorrido, no que tamén participou o Alcalde de Lugo, José López Orozco, iniciouse na Ponte da Chanca ata o barrio da Ponte, pasando pola Muralla, para rematar no restaurante Os Robles, no que os participantes puideron degustar distintos productos do porco celta. Coa presenza de personaxes como os humoristas galegos o organismo provincial pretende impulsar a economía provincial, promocionar as rutas Xacobeas luguesas, e fomentar o turismo a través do deporte e da multiaventura, xa que o Ano Santo é unha extraordinaria oportunidade para xerar riqueza en Lugo e en todos os Concellos polos que pasa o Camiño. Ademais das Cantareiras de Ardebullo e de Roberto Vilar, outras personalidades relevantes do deporte e da vida social e política galega e española fixeron o Camiño de Santiago en Lugo dentro deste programa. É o caso da alpinista Chus Lago, Fernando Romay, o plantel do Leite Río Breogán, os campións nacionais de rallye, Sergio Vallejo e Luis Moya; de colectivos como a Sociedade Española do Corazón –SEC-; dos directores de medios de comunicación de Galicia, ou autoridades como o Presidente de Cantabria, Miguel Ángel Revilla. Recepción oficial Previamente ó inicio da peregrinaxe, Gómez Besteiro recibiu ós recoñecidos humoristas no seu Despacho, onde lles fixo entrega de tres lotes da campaña Lugosabe coa que o organismo provincial promociona os produtos autóctonos e impulsa a economía provincial. Os “packs” conteñen produtos da Ribeira Sacra (marrón glacé e confitura de arándanos de Chantada, viño da Ribeira Sacra, aceite de Quiroga) da Mariña (bonito e cerámica de Burela, e fabas de Lourenzá), e da Montaña (mel dos Ancares, queixo do Cebreiro e chourizos da Fonsagrada).