Deputación de Lugo

Lara Méndez participa nas XV Xornadas de Enfermería nas que se dan cita 400 profesionais de España

Imaxe deputación de lugo
A Deputación colabora nesta iniciativa nas que se abordan medidas para mellorar o coidado ós pacientes en situación crítica, e a atención os seus familiares

Lara Méndez e Luisa Zarzuela reciben no Pazo de San Marcos ós participantes na xornada logo de rematar o primeiro día de debate A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, participou este xoves na décimo quinta edición das Xornadas de Enfermería que se están a celebrar na Facultade de Veterinaria de Lugo dende hoxe e ata este venres. 400 profesionais do sector da mediciña de toda España asisten a este evento no que se están a abordan medidas para mellorar a calidade do coidado ofrecido ós pacientes en situación crítica, e atención os seus familiares. Lara Méndez salientou que “malia que a Deputación non ten competencias en materia de sanidade, colabora nesta iniciativa porque é unha administración útil e estratéxica para os cidadáns”. A Vicepresidenta Segunda lembrou que o organismo provincial está involucrado ademais no Cumio Internacional sobre drogas que, de forma paralela, acolle a capital lucense esta semana, e no que se dan cita centos de prestixiosos profesionais do mundo para abordar “unha lacra que afecta a miles de personas no mundo”. Neste senso, Lara Méndez destacou o feito de que a capital lucense “esté sendo escenario de importantes actos que nos sitúan nun punto clave no mapa internacional”. Da mesma forma, salientou o papel do Alcalde da cidade, José López Orozco, por impulsar este Cumio. Durante dous días, profesionais están a tratar a importancia dos coidados de enfermería nun medio altamente tecnificado; os obxectivos de calidade e seguridade de pacientes en unidades de críticos; as estratexias en emerxencias usadas por Médicos sen Fronteiras; a comunicación entre enfermeiros e as familias, e incluso a experiencia en Haití. Logo de rematar o primeiro día destas xornadas, a Vicepresidenta Segunda da Deputación, e a Concelleira de Servizos Xerais en Lugo, Luisa Zarzuela, recibiron no Pazo de San Marcos, ós participantes nesta iniciativa.