Deputación de Lugo

A Deputación inviste 1,4 millóns de euros en estradas provinciais de Cervo, Pedrafita e Castro de Rei

A Xunta de Goberno acordou a adquisición de dous novos vehículos para o Parque Móbil que de destinaran a obras municipais nos Concellos con menos recursos

Antonio Gato denunciou “a parálise que sofre a Xunta de Galica que aínda non nomeou ós seus representantes para o Consorcio de Bomberios, transferencia dos hospitais e Tor” A Xunta de Goberno deste venres aprobou dúas obras en estradas provinciais de Cervo e Pedrafita por un total de 1.141.485 euros. Segundo subliñou o voceiro do grupo provincial socialista, Antonio Gato, “estes investimentos son aportados ó 100% con fondos propios da Deputación, o que representa un claro exemplo do grande esforzo inversor que está a facer este organismo para mellorar a rede viaria provincial”. A primeira das obras corresponde á estrada 1502 “Burela-Vilaestrofe-Rua”, onde se acometerá o afirmado e a terminación. Trátase dun treito de 2,8 quilómetros e conta cun presuposto de 391.489 euros. O segundo proxecto, con 750.000 euros, é o acondicionamento e mellora dun treito de 8,370 quilómetros da CP 4504, de Pedrafita ó Portelo. Ademais, adxudicáronse provisionalmente, por 231.907 euros, os traballos de saneo de plataforma, drenaxe e reposción do firme dun treito de 2,150 quilómetros da CP 1706 de Feira do Monte a Castro, no Concello de Castro de Rei. Novos vehículos para o Parque Móbil Antonio Gato tamén destacou “o importante esforzo que a facer a Deputación para reforzar o Parque Móbil provincial con vehículos que se destinan a realizar obras en vías locais, como unha forma máis de cooperación cos Concellos, sobre todo cos de menos de 5.000 habitantes, que son os que teñen menos recursos. Na reunión deste venres, o goberno provincial acordou a adquisición de dous novos camións ós que se destina un presuposto total de 270.000 euros. Trátase dun camión cisterna de emulsión asfáltica (175.000 euros) e un camión con gravilleiro e caixa basculante (95.000 euros). O Deputado de Cooperación cos Concellos dixo que ademais, xa comezou a traballar outro equipo formado tamén por un camión cisterna de emulsión asfáltica e un camión gravilleiro. “Para o actual equipo de goberno foi prioritario desde un principio reforzar o Parque Móbil e dotalo con maquinaria axeitada, logo de que quedara practicamente desmantelado co goberno do PP”. Outros acordos da Xunta de Goberno Este venres adxudicáronse provisionalmente as obras de ampliación do cemiterio de Guldriz, en Friol, por 90.259 euros e aprobárosne 3 contas xustificativas do Plan de Comunidades Veciñais de 2007 que suman un presuposto total de 13.778 euros, dos que a Deputación achega 8.905 euros. Por outra banda, acordouse o persoamento en tres recursos contecioso-administrativos por reclamacións patrimoniais relacionadas con atropelos de corzos que tiveron lugar en estradas de Cospeito, Sober e Vilalba. As tres reclamacións por danos que se fan á Deputación suman un total de 2.750 euros. Parálise da nova Xunta de Galicia O voceiro do grupo provincial socialista denunciou “a parálise que sofre a Xunta de Galicia en asuntos que son fundamentais para a nosa provincia como os parques de bombeiros, a transferencia dos hospitais provincias e a Fundación Tor”. Antonio Gato criticou que “o goberno de Núñez Feijoo aínda non nomeou ós seus representes no Padroado da Fundación Tor, no Consorcio provincial de bombeiros nin na comisión de transferencia dos hospitais provinciais, malia que foi instado en varias ocasións pola Deputación”. “As eleccións foron o 1 de marzo e a data de hoxe, cando xa pasaron catro meses, a nova Xunta de Galicia nin tan siquera nomeou ós seus representantes para poder ter un interlocutor válido co que abordar estes asuntos, nos que a Deputación puxo a máxima dilixencia por ser prioritarios para a provincia de Lugo”, apuntou Gato Soengas.