Deputación de Lugo

Gómez Besteiro destaca o bo momento que atravesa o audiviosual galego

O directores nominados ós premios Mestre Mateo, Ángel de la Cruz e Maneme Rodríguez, participaron nunha mesa redonda na Deputación

A Fundación TIC colaborou na edición dos “Encontros Mestre Mateo 2008” e co-patrocinou o filme “Os mortos van á presa”, gañador do premio Manoel de Oliveira ó mellor realizador O Presidente da Deputación e Presidente da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este venres a mesa redonda organizada pola Academia Galega do Audiovisual co motivo da celebración dos Premios Mestre Mateo 2008. Na xornada, coa que colaborou a Deputación, debateuse durante dúas horas o estado do sector audivisual galego e contou coa prensenza do guionista e directores nominados na categoría “Mellor longametraxe de ficción” Ángel de la Cruz e Maneme Rodríguez. Gómez Besteiro destacou que “a iniciativa de organizar estes encontros, que teñen como espazo as diferentes escolas e centros educativos vinculados á formación do audiovisual, debe servir para trasladar ós que estades formándovos a experiencia e a traxectoria de profesionais que hoxe están a destacar dentro do complexo panorama do cine ou da televisión”. Os cineastas compartiron as súas impresións cos alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo. O máximo mandatario provincial subliñou que “na Fundación TIC cremos na promoción do talento, na importancia da formación e agardamos que nun futuro sexades vós, os alumnos e titulados que formamos na Escola de Imaxe e Son de Lugo, quenes tamén obteñades o recoñecemento e o prestixio profesional de premios como os Mestre Mateo”. Anualmente, dentro do marco dos Premios Mestre Mateo, a Academia Galega do Audiovisual organiza unhas xornadas de debate profesional sobre do estado do sector en Galicia. Este ano, as xornadas adiántanse a poucos días antes da celebración da gala de entrega destes premios, que terá lugar o xoves 30 de abril no Pazo de Cultura de Pontevedra. Diferentes profesionais nominados a este galardón participarán nestes encontros que se celebran durante esta semana en distintas escolas, facultades e centros de ensino de Galicia. Dentro deste programa, a Fundacion TIC acolle a visita de Ángel de la Cruz, nominado polo seu filme: “Os mortos van á presa”, A propia Deputación co-patrocinou a través da Fundación TIC o filme de Ángel de la Cruz rodado en Lugo e que acaba de gañar tamén o premio Manoel de Oliveira ó mellor realizador. Os premios Mestre Mateo constitúen desde o ano 2002, e este ano chegan á súa VII edición, o escaparate da produción audiovisual galega e unha ferramenta de recoñecemento do traballo dos diferentes profesionais que conforman o sector en Galicia. “Un cuento para Olivia”, “Os mortos van á presa”, “A noite que deixou de chover” e “Pradolongo” son as longametraxes nominadas este ano na categoría estrela do certame.