Deputación de Lugo

A ÁREA DE DEPORTES DA DEPUTACIÓN REHABILITARÁ A ESCOLA DE PIRAGÜISMO DE AS SAMASAS

Imaxe deputación de lugo
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou, tamén, a concesión de 11 bolsas para facer practicas na Área de Cultura e varias axudas a comunidades veciñais

O Vicepresidente Antón Bao, informou, na habitual rolda de prensa posterior, da aprobación do proxecto técnico e do gasto de contratación das obras de renovación da cuberta da Escola de Pirgagüismo de As Saamasas. Estas obras terán un orzamento total de 109.140,58 euros. No mes de maio o vicepresidente da Deputación visitou estas instalacións para comprobar, por si mesmo, o deteriorado estado da escola de piragüismo e anunciou que, en breve, se poría en marcha un proxecto para manter e mellorar estas instalacións que son propiedade da Deputación. Tal e como anunciara o vicepresidente naquel momento hoxe aprobouse o proxecto e o gasto necesario para afrontar as obras de reforma necesarias para acondicionar as instalacións. Segundo Antón Bao “era unha obriga arranxar os problemas que ten o edificio e convertelo nun lugar apto para a práctica do deporte”. O edificio da escola de piragüismo atópase, actualmente, nun deplorable estado de abandono debido á falta de mantemento do edificio nestes últimos anos de goberno do partido popular. Un dos maiores problemas do edificio son debidos á humidade, provocada polas numerosas goteiras existentes. Antón Bao sinalou que “non so imos a facer unha mellora no aspecto construtivo do edificio se non que imos a acometer unha reforma que afecte tamén ao seu funcionamento para convertelo nun espazo ao servizo do deporte e das persoas que desexen gozar deste lugar privilexiado para a práctica dos deportes acuáticos”. Neste mesmo senso Bao afirmou que a Área de Deportes da Deputación pulará para que Lugo volva a ser referente no mundo do piragüismo. 11 BOLSEIROS PARA A ÁREA DE CULTURA O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, informou, tamén da resolución da convocatoria de once bolsas da Área de Cultura. Estas bolsas foran convocadas pola Área de Cultura da Deputación para mellorar o coñecemento, a conservación, a restauración e maila difusión do patrimonio cultural lucense. Tras o ditame da comisión de valoración técnica a xunta de goberno acordou aprobar un gasto de 10.000 euros para cada unha das 11 persoas que accederon a estas bolsas. Os once bolseiros e bolseiras repartirán as súas tarefas do seguinte xeito: 2 Recuperación e Revalorización do Patrimonio Inmaterial; 1 Departamento de Publicación e Redacción do Museo; 2 Arquivo e Biblioteca da Rede Museística; 2 Departamento de Arqueoloxía e Historia da Rede Museísitica; 2 Programa de Cultura e Xornalismo;1 Departamento de Etnografía e Artes Decorativas da Rede Museística; 1 Departamento de Belas Artes; Aprobouse tamén a relación de bolseiros suplentes que conten un total de 31 aspirantes. APROBACIÓN DE CONTAS XUSTIFICATIVAS DE AXUDAS O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antón Bao, informou, na rolda de prensa, da aprobación do aboamento de 7 axudas a entidades veciñais. Estas axudas suman un total de 12.100 euros e corresponden aos Plans de cooperación con entidades veciñais dos anos 2006 e 2007. Estas axudas corresponden a entidades veciñais de os concellos de: Cervo, Láncara, Meira, Mondoñedo, Monterroso, Ribadeo e Sarria.