Deputación de Lugo

A Deputación entrega ós Concellos en tempo record os 1.500.000 euros do Fondo Extrordinario

O asesoramento xurídico prestado pola Deputación supón un aforro anual de medio millón de euros para as Entidades Locais

Gómez Besteiro asinou cos representantes de 66 Concellos da Provincia o convenio do Fondo Extraordinario, complementario do Fondo Estatal de Investimento Local 61 municipios presentaron xa os seus proxectos que teñen un valor de 54.345.133 euros O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, asinou este xoves cos representantes dos 66 Concellos da Provincia, agás o de Lugo -co que se están a levar a cabo outras actuacións importantes como o Plan Urban e que ademais ten recursos materiais e técnicos suficientes-, o convenio do Fondo Extraordinario creado volutariamente polo organismo provincial e que permitirá financiar os proxectos que os municipios decidiron presentar á convocatorida do Fondo Estatal de Investimento Local. Gómez Besteiro amosou a súa satisfacción pola resposta dos Alcaldes ante a medida impulsada polo Goberno Central e destinada, entre outras cuestións, ó fomento do emprego. “Esta é unha cuestión extraordinaria para o municipalismo de España e, neste caso de Lugo, porque ó final ese investimento en mans dos gobernos municipais da provincia vén a confirmar que se confía na labor dos Concellos”. O máximo mandatario provincial lembrou que “fomos conscientes desde o primeiro momento de que non podiamos faiar, por iso, e dun xeito totalmente voluntario, puxemos en marcha en tan só 24 horas todo un dispositivo que inclúe este Fondo Extrordinario e o asesoramento técnico por parte dos departamentos da Deputación. O obxectivo era que non se perdese nin un só euro e que todos os Concellos poidan presentar en tempo e forma os proxectos”. 61 Concellos presentaron xa os seus proxectos por un valor total de 54.345.133 euros. “Como saben, o prazo remata o sábado 24, e estou seguro de que nestes 3 días que faltan, presentaranse todos os proxectos. Agora coa sinatura deste Convenio estará garantida a parte que no estaba cuberta polo Real Decreto do Estado que era o financiamento dos proxectos. Tivemos reunións cos Colexios Profesionais que serán os que se encarguen da elaboración destes proxectos”. A medida impulsada pola Deputación complementa outras iniciativas postas en marcha pola institución provincial e que se inclúen dentro do compromiso de colaboración cos Concellos. É o caso dos 450.000 euros que deixa de percibir a Deputación todos os anos a favor do sistema de recadación dos Concellos, os 700.000 euros que se destinan para o Plan de Pequenas Infraestruturas nos municipios de menos de 5.000 habitantes ou os 515.000 euros para obras directas da Área de Cooperación cos Concellos, etc. 38 Concellos fixeron 90 consultas. A maioría foron plantexadas polos secretarios (71); seguidos dos Alcaldes (9), Letrados (4) e técnicos (6). TODAS ESTAS RESOLTAS. A maioría das consultas foron sobre contratación (20); interpretación do Real Decreto (17); tramitación en xeral (15); subvención da Deputación (11) e proxectos e memorias (9). “Destas 90, arestora están resoltas todas, o que demostra que os técnicos da Deputación fixeron un bo traballo durante este último mes”. Aforro co asesoramento xurídico O servizo de Asesoramento xurídico ós Concellos tramitou o ano pasado 181 pleitos a 39 Concellos da provincia, resolvendo positivamente para as Entidades Locais entre o 60 e o 70%. Tamén se realizaron 12 informes e dictames correspondentes a 9 municipios e atendéronse 631 consultas, a maioría delas telefónicas, aínda que tamén as houbo presenciais e on line. “Esto traducido en cartos supón 488.489 euros. É dicir, grazas o servizo prestado pola Deputación, os Concellos non tiveron que gastar o ano pasado medio millón de euros para atender cuestións relacionadas con temas xurídicos. Por tanto, estamos a falar dunha cantidade que as Entidades Locais puideron destinar a outros fins en beneficio dos seus veciños”. Os pleitos tramitados polo servizo de asesoría da Deputación son de todo tipo. En 2008 destacaron especialmente os relativos ó Urbanismo (66); Contratacións administrativas (20); Responsabilidade Patrimonial (19); e despidos e extincións laborias (14). Pero tamén os houbo, por exemplo, pleitos por comunicación acústica, parques eólicos; tributos, sancións etc.