Deputación de Lugo

A Deputación reparte 130 toneladas de sal no último temporal de neve

Imaxe deputación de lugo
Mobilizáronse 60 operarios e 70 máquinas para atender as incidencias ocasionadas polos efectos da vaga de frío

O Parque Móbil provincial traballou principalmente en Concellos da zona sur e da Montaña A Deputación de Lugo mobilizou a 60 operarios e a 62 máquinas para atender as incidencias ocasionadas polo temporal de neve iniciado no día de onte. Entre estas atópanse 9 motoniveladoras, 12 tractores cuchilla, 17 esparcidores de sal, 7 palas mixtas con cuchilla, 7 camións con esparcidor de sal, 14 vehículos todoterreo e furgonetas e 4 camións dúmper con cuña quitaneves. O dispositivo contou, ademais, coa colaboración de 2 equipos do parque móbil provincial composto cada un por 1 camión con cuña quitaneves, 1 vehículo todo-terreo e 3 operarios. Estes actuaron onte nas zonas de Carballedo e Chantada e na de Lugo, Guntín, Páramo e o Corgo. No día de hoxe a maquinaria desprazouse ás dúas zonas máis afectadas polo temporal: Negueira de Muñiz, Fonsagrada e Baleira, e Incio e Courel. Os traballos céntranse fundamentalmente na retirada de neve e en atender as incidencias por mor da xeada. Desde primeiras horas da madrugada estase a espacir sal nas calzadas debido ás pracas de xeo que se formaron coa caída das temperaturas durante a noite. Durante estes dous días esparcíronse 130 toneladas de sal en 57 Concellos da provincia. 14 zonas As empresas adxudicatarias, que están a percorrerer as vías provinciais, están a actuar en 14 zonas: zona 1 (Alfoz, Cervo, Foz, Xove e o Valadouro), zona 2 (Abadín, Vilalba, Cospeito e Castro de Rei), zona 3 (Guntín, Paradela, O Páramo, Portomarín e Taboada), zona 4 (Outeiro de Rei, Lugo, Corgo e Castroverde), zona 5 (Muras, Ourol, Viveiro e O Vicedo), zona 6 (A Fonsagrada, Baleira, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín), zona 7 (O Corgo, Láncara, Sarria, Samos e O Incio), zona 8 (Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Meira e Ribeira de Piquín), zona 9 (Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo, Riotorto, Pastoriza, Meira e Pol), zona 10 (Baralla, Becerreá, As Nogais, Triacastela, Pedrafita e Cervantes), zona 11 (Monforte e Pobra de Brollón), zona 12 (Sober e Pantón), zona 13 (Quiroga, Ribas de Sil, Pedrafita e O Courel), e zona 14 (Chantada e Carballedo).