Deputación de Lugo

Gómez Besteiro nombrado Confrade de Honra durante o acto de homenaxe á Armada

A confraría “Santísima Virgen de la Esperanza de Lugo” concedeu este distintivo ó Presidente da Deputación polo seu apoio á celebración da Semana SantaO organismo provincial achegou este ano 13.000 euros á Xunta de Confrarías de Lugo, colectivo que engloba a todas as irmandades relixiosas da capitalA maiores, adicou unha axuda extraordinaria de 40.000 euros para facer da Semana Santa de Viveiro a máis grande de Galicia, e lograr a súa declaración de Interese Internacional

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, foi nombrado este luns Confrade de Honra durante os actos de homenaxe á Armada. A confraría “Santísima Virgen de la Esperanza” –patrona da Armada- concedeu este distintivo ó titular do organismo provincial polo seu apoio á Semana Santa.

A Deputación colabora con distintas asociacións relixiosas co obxectivo de fomentar o desenvolvemento de actividades que poñan en valor o patrimonio da provincia. Deste xeito, este ano aportou 13.000 euros á Xunta de Confrarías de Lugo. Este colectivo engloba a todas as irmandades da capital: A Borriquita, Virxe da Esperanza, Desenvacravo do Señor e das Maiores Dolores de María Santísima, Bo Xesús e do Nazareno, Santo Cristo do Perdón e Nosa Señora da Piedade, Sacramental, Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén.

Da mesma forma, o organismo provincial achegou unha axuda extraordinaria de 40.000 euros á Xunta de Confrarías de Viveiro para facer da Semana Santa do Concello viveirense a máis grande de Galicia. Trátase dunha festividade declarada de Interese Turístico Nacional, que reúne unhas 30.000 persoas, duplicando a poboación no municipio viveirense, e logrando o 100% da ocupación hoteleira. Este investimento sen precedente na Deputación responde á petición do Alcalde, Melchor Roel, por lograr a declaración de Interese Internacional da que xa é, xunto coa de Ferrol, a Semana Santa máis destacada na Comunidade. En febreiro, o Pleno provincial aprobou, a proposta do equipo de Goberno, dita declaración institucional.

Distintivos

A confraría “Santísima Virgen de la Esperanza” tamén nombrou o Acalde de Lugo -José López Orozco- Confrade de Honra; o Almirante do Corpo Xeral da Armada -Santiago Bolibar Piñeiro- Irmán Maior Honorario; e María García Limeses, Camarera de Honra. Nos actos de homenaxe á Armada participou, ademais de Besteiro e Orozco, o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe.