Deputación de Lugo

A Deputación contrata as obras do Centro de Recría con Tragsa para inicialas o luns

O Presidente e o Delegado Autonómico de Tragsa asinan o convenio polo que a empresa pública será encargada de realizar a 1ª fase dos traballos cun orzamento de 6 millóns de euros, financiados ó 100% con fondos propios Logo do desbroce e preparación dos terreos, procederase de xeito inmediato á construción das 13 naves que acollerán as 3.000 novillas que entrarán na Granxa O goberno provincial lamenta que a Deputación non puidese iniciar antes as obras debido a que a Xunta retrasou máis dun ano a concesión da Declaración de Impacto Mediombiental

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Delegado Autonómico de Tragsa, Álvaro Ansias, asinaron este venres o convenio de colaboración para a construción do Centro de Recría da Granxa Gayoso Castro, que se situará en Castro Riberas de Lea. Previamente, esta mesma mañá o Consello Reitor do INLUDES aprobou o acordo que permite que a empresa pública Tragsa, dependente do Ministerio de Medio Ambiente, , inicie o luns, 2 de maio, as obras, dotadas con 6 millóns de euros e financiados ó 100% polo organismo provincial. Gómez Besteiro, que estivo acompañado polo Alcalde de Castro de Rei e polo Deputado de Gandeiría, Juan José Díaz Valiño e José María Arias, así como polo Director do CETAL, Eduardo Vidal Baamonde, destacou que “dicho y hecho. Siempre hemos dicho que íbamos hacer el Centro de Recría sí o sí porque es una necesidad fundamental para la provincia y que tendrá unha inversión total de 12 millones de euros. En este sentido, queiro felicitar al Alcalde y al Diputado que fueron los almas máter de este proyecto”.

A Deputación, tendo en conta a magnitude do proxecto, acometeu a licitación das obras en dúas fases, de tal xeito que a primeira inclúe os traballos iniciais, consistentes no valado, desbroce e preparación dos terreos, así como a construción das 13 naves que acollerán as 3.000 novillas que entrarán no centro, ocupando unha extensión de 25.000 metros cadrados. Estas actuacións teñen un prazo de execución de 9 meses. Deste xeito, o Director do CETAL subliñou que “se trata de una gran iniciativa porque uno de los retos de sector es aumentar la rentabilidad de la leche y la reducción de los costes de producción”.

En paralelo a este proceso, instalarase o saneamento, abastecemento de auga e servizo eléctrico, así como o traslado do invernadoiro, no que os alumnos das titulacións relacionadas coa Horticultura e Xardiñeiría do Instituto de Castro de Rei realizan prácticas, ós terreos situados ó outro lado da estrada. Concluídas estas obras coas que xa se actúa na totalidade das 7 hectáreas de superficie que ocupará o Centro, iniciaranse os trámites para a segunda adxudicación, na que se contratarán os traballos de urbanización, dotación interior das naves e instalación da estación depuradora, que permitirá xestionar o 100% dos residuos que se xeren na Granxa.

Ademais de ser o proxecto máis ambicioso levado a cabo nas últimas décadas en Galicia, xa que triplicará a capacidade dos 14 que existen na actualidade na Comunidade, permitirá ós gandeiros ser moito máis competitivos, facilitando a incorporación de animais co máximo nivel produtivo e xenético ás súas explotacións. Asimesmo, abaratará en 300 euros o gasto que lles supón recriar cada novilla en centros externos como o de Zaragoza, no que este servizo ronda os 1.500 euros por cabeza. Ademais, asegurará a continuidade das explotacións gandeiras de Lugo, mantendo non só os postos de traballo existentes senón fixando poboación no rural. A provincia ten máis de 16.700 explotacións, o 35,4% de Galicia, nas que se produce o 45% da cota láctea de toda a Comunidade.

Problemas solucionados

O máximo mandatario provincial amosou a súa satisfacción polo inicio inmediato dos traballos, xa que previamente o equipo de goberno tivo que solucionar unhas serie de irregularidades coas que se atopou cando chegou á Deputación en 2007 como que a Granxa non tiña licenza de actividade nin as instalacións estaban recoñecidas como explotación gandeira. Ademais, a Xunta de Galicia bloqueou máis dun ano a declaración de impacto medioambiental, documento necesario para poder iniciar os traballos. Dende que o Concello de Castro de Rei remiu o Estudo de Impacto Ambiental á Consellería de Medio Ambiente o 14 de xaneiro de 2010, a administración autonómica no comunicou a viabilidade do mesmo ata o 17 de xaneiro de 20011, o que impediu claramente que se puidesen iniciar os traballos. Neste senso, o goberno provincial lamenta a falta de colaboración manifestada pola administración autonómica.

Congreso Europeo de Mercados de Gando

O Presidente da Deputación tamén participou na inauguración da Asemblea Europea de Mercados Gandeiros; actividade que se enmarca dentro do programa do Congreso que acolle dende onte o Concello de Castro de Rei, e que é o primeiro que se celebra en Galicia e o terceiro de España. No acto no que tamén estiveron presentes o Subdirector Xeral de Medio Ambiente, Emilio García Muro, e o Presidente da Asociación Europea de Mercados Gandeiros, Mr. A. Kingma, destacou que as xestións realizadas por Díaz Valiño fixeron posible que a Asociación Europea de Mercados de Gando (AEMB) decidise trasladar a esta localidade a asemblea xeral na que o tema central foi a aplicación de bases de datos informáticos nos movementos dos animais, tanto na comercialización como na actividade dos mercados.

A continuación, desenvolvéronse as ponencias sobre gandeiría e sanidade animal, que correron a cargo do experto holandés Wim Wismans e do xerente do proxecto e dos comités permanentes DG Sanco, Sergio Pavón. Tal e como figuraba no programa, os 90 congresistas procedentes de Bélxica, Holanda, Francia, Irlanda, Escocia, Portugal e de distintos puntos de España, tamén foron recibidos no día de onte na Deputación e visitaron a Ribeira Sacra co programa Km0. Con motivo da celebración do encontro, a Deputación tamén instalou un “stand” das aulas da natureza, nas que se ofreceu completa información da riqueza medioambiental e paisaxísitica existente nas tres Reservas da Biosfera e na comarca do Courel.