Deputación de Lugo

A Deputación iniciou os procesos de contratación das residencias de Meira, Guitiriz, Pedrafita e Ribas do Sil

Imaxe deputación de lugo
O BOP publica este sábado o prazo e os requisitos para que todas as empresas interesadas nas obras de construción de ditos centros para maiores presenten as súas ofertasTerán 15 días naturais para entregar a documentación requirida no Rexistro de SUPLUSA, situado na Praza de Santo Domingo número 6, da capital lucenseO organismo provincial inviste un total de 15.550.000 euros na construción 13 centros para a 3º idade que ofrecerán 340 novas prazas de residencia e 195 de día na provincia

A Deputación iniciou os procesos de contratación das residencias de Meira, Guitiriz Pedrafita e Ribas do Sil. Este sábado, o Boletín Oficial da Provincia publica o prazo e os requisitos para que todas as empresas interesadas presenten as súas ofertas. Terán 15 días naturais para entregar a documentación requirida no Rexistro Xeral da Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA), situada na Praza de Santo Domingo número 6, da capital lucense.

Transcorridos os prazos legais, nun mes, comezarán as obras de construción de ditas infraestructuras para as que o organismo provincial achega preto de 5 millóns de euros. (1.200.000 euros por residencia). Pola súa banda, os Concellos aportan os terreos necesarios, e participan no financiamento dos gastos de urbanización nun 20% do total. Cada instalación ofrecerá 26 prazas de residencia e 15 no centro de día.
A semana que vén, a Deputación adxudicará ademais, as obras dos centros para a 3º idade de Castroverde, Trabada e Pol. Asimesmo, o organismo provincial está a ultimar os proxectos das residencias do Saviñao e Navia de Suarna logo de aprobar a adquisión dos terreos necesarios. No caso do Concello da Pobra de Brollón, a Deputación xa aprobou o convenio do centro para maiores, respaldado polo Pleno cun orzamento de 1,2 millóns de euros e, no de Riotorto, está pendente de que a entidade local adquira o espazo necesario. Pola súa banda, o municipio da Fonsagrada cederá este mes á institución o edificio e os terreos da Fundación Rois de la Peña para iniciar os traballos.

En total, xunto coa subvención de 120.000 euros para rematar as obras da residencia de Monterroso, a Deputación inviste 15.550.000 euros na construción de 13 centros para maiores na provincia. Estas infraestruturas ofrecerán 340 novas prazas de residencia e 195 de día en Lugo. Ditos proxectos enmárcanse dentro da aposta da institución polo impulso de novos servizos sociais que melloren a calidade de vida dos veciños e frear o despoboamento demográfico no rural mediante a creación de postos de traballo.